Contos Estraños é unha empresa editora en lingua galega con sede en Santiago de Compostela.
Historia Creada no ano 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficción. Os seus fundadores foron Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola e o proxecto púxose en marcha cunha chamada en Internet á que acudiron diversos autores.
O proxecto editorial foi enfocado en tres liñas diferenciadas. Unha revista periódica onde se reunirían en volumes colectivos as creacións dos numerosos escritores e ilustradores, a publicación de novelas individuais e unha liña infantil que, segundo as palabras dos seus propios creadores, "servise para ir frikizando ás xeracións máis novas".
Durante dous anos, entre xuño de 2015 e xuño de 2017 foi un selo da editorial Urco.
Obras
Revista
Contos Estraños, Nº0 Amañeceres Estraños Contos Estraños, Nº1 Anoiteceres estraños Contos Estraños, Nº2 Xornada Fantástica Contos Estraños, Nº3 Vieiros do Mañá Contos Estraños, Nº4 Nadal Impío Contos Estraños, nº5 Verbas de Atenea Contos Estraños, nº6 Lendas de Galaecia Contos Estraños Segunda Era Contos Estraños, nº7 Encontros na Terceira Era Contos Estraños, nº8 O choque dos mundos Contos Estraños, nº 9 Retallos do apocalipse Contos Estraños nº 10 A Sombra Primixenia Contos Estraños nº 11 A Rebelión de Prometeo Contos Estraños nº 12 Visitantes de Alén da Lúa Contos Estraños nº 13 Visitantes de Alén da morte
Novelas individuais Os Abismos da Noite Eterna. Vol I. O Morador da Fenda. Roberto A. Rodrigues. Magumba. Fabián Plaza Miranda As Crónicas de Bran. Vol I. A revolta dos Mestres. Xosé Duncan. Galiza Mutante: Poder Nuclear! Tomás González Ahola Os Abismos da Noite Eterna. Vol II. A Lenda do Xameldín. Roberto A. Rodrigues. As Crónicas de Bran. Vol II. A porta de Annwn. Xosé Duncan. As Crónicas de Bran. Vol III. O solpor dos deuses. Xosé Duncan. As aventuras de Margaret White. A balada do solitario. Manuel Moledo (ilustracións; David Fajardo) Os Abismos da Noite Eterna. Vol III. A luz que creba a noite. Roberto A. Rodrigues.
Liña infantil As aventuras do Apalpador. Apalpador vs Papá Noel. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares Plof, historia dun globo. Texto. Manuel González Fernández de Tejada. Ilustracións. Xoana Álvarez Martín As aventuras do Apalpador. O tesouro dos mouros. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares As aventuras do Apalpador. A carballeira dos druidas. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares As aventuras do Apalpador. As portas do tempo. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares Véxase tamén Ligazóns externas Diana Mandiá "A idade adulta da fantasía" El País, 9/2/2012.
Categoría:Editoriais de Santiago de Compostela Categoría:Ciencia ficción