A rolda de Outeiro é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende a avenida do Exército, nas proximidades do porto, ata a avenida de Gerardo Porto, un tramo do paseo marítimo.
Historia A rolda de Outeiro aparece tal como se construíu, dende A Gaiteira ata Labañou, no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento de César Cort (1945), no que se recollían algunhas roldas para a cidade, incluídos algúns tramos da rolda de Outeiro.
O nome de Outeiro deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do cruzamento da Rolda coa avenida de Fisterra, o lugar máis alto de toda a estrada.Blog. Ronda de Outeiro: La más larga y de costa a costa 10 de xullo de 2009 .
Descrición Hoxe en día a rolda de Outeiro é a rúa máis longa da Coruña. A rolda achega os dous extremos costeiros da cidade pero non estivo rematada ata a construción do polígono dos Rosales en 1994.
Tódalas estradas que entran e saen da cidade da Coruña atravesan a rolda de Outeiro, o que a fai dela unha vía moi saturada en hora punta. A rede semafórica está controlada e programada en función do número de vehículos que circulan por ela.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:A Coruña Categoría:Rúas da Coruña