Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en éuscaro Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG),A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG , Galicia Confidencial, 27 de febreiro de 2014. e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas,Comunicado de "Los Pueblos Deciden", web de Puyalón, 16 de marzo de 2014. a asturiana Andecha Astur,La militancia de Andecha Astur decide participar en las europeas en la coalición liderada por EH Bildu, asturies.com, 17 de febreiro de 2014. ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP).ANC y UP participarán en la candidatura "Los Pueblos Deciden" para el Parlamento Europeo , El Periódico de Canarias, 16 de marzo de 2014. Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións,Dejeans, Arnaud. «Il n’y aura pas de liste EH Bai aux Européennes» . Sud Ouest. 6 de maio de 2014. así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.
A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu,Sainz, Jorge. «Josu Juaristi, candidato de EH Bildu para las elecciones europeas». Diario Vasco. 31 de xaneiro de 2014. seguido de Ana Miranda Paz como representante do BNG.«El BNG presenta su candidatura para las europeas, La Voz de Galicia, 22 de marzo de 2014. Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.
Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns,«ERC descarta ir con Bildu a las elecciones europeas». La Vanguardia. 30 de xaneiro de 2014.Noguer, Miquel. «ERC ficha a Ernest Maragall como número dos para las europeas, El País, 4 de marzo de 2014. e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular,«La CUP no decidirá hasta el 9 de marzo si concurre a las elecciones europeas». Europa Press. 18 de febreiro 2014. que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.«Nom foi possível articular a candidatura que a Galiza precisa: Nós-Unidade Popular descarta participar nas Eleiçons europeias» . nosgaliza.org. 13 de marzo de 2014.«La CUP no se presentará a las elecciones europeas». El Periódico de Catalunya. 9 de marzo de 2014.
Resultados miniatura|Josu Juaristi (EH Bildu) foi cabeza de lista dos Pobos Deciden. miniatura|Ana Miranda Paz (BNG) foi a segunda candidata da lista. Os Pobos Deciden obtivo 326 464 votos (2,08 %)Elaboración propia a partir de o que lle garantiu obter un eurodeputado. Os mellores resultados obtívoos no País Vasco e Navarra (comunidades onde foi a segunda forza máis votada), así como en Galicia (onde foi a quinta). En función dos acordos adoptados polos partidos integrantes, o candidato de EH Bildu Josu Juaristi mantivo o escano os primeiros tres anos e medio no Parlamento e a candidata do BNG Ana Miranda Paz o restante ano e medio.«Ana Miranda (BNG) ocupará un año y medio el escaño conseguido por la coalición Los Pueblos Deciden». La Información. 26 de maio de 2014.
Territorio Votos % Posición Andalucía2 1840,08 %< 10º Aragón1 2410,27 %< 10º Asturias1 3920,37 %< 10º Canarias3 4240,60 %< 10º Cantabria4710,22 %< 10º Castela-A Mancha5290,07 %< 10º Castela e León1 358 0,14 %< 10º Cataluña7 2480,29 %< 10º Ceuta200,13 %< 10º Comunidade Valenciana2 0810,12 %< 10º Estremadura229 0,06 %< 10º Galicia 80 394 7,88 %5º Illas Baleares 9240,34 %< 10º A Rioxa 2120,18 %< 10º Madrid 2 5700,12 %< 10º Melilla9 0,06 %< 10º Murcia 3550,08 %< 10º Navarra44 12920,21 %2º País Vasco 177 69423,36 %2º España326 4642,08 %9º
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Manifesto de "Os Pobos Deciden".
Categoría:Organizacións políticas de España