Hersham and Walton Motors (HWM) é o concesionario máis antigo do mundo de Aston Martin (logo de adquirir a franquía en 1951), tamén foi un construtor de automóbiles de carreiras. Como construtor, é coñecido pola súa participación na Fórmula Dúas de 1950 a 1953 e na Fórmula 1 en . Os propietarios de HWM George Abecassis e John Heath correron xuntos desde 1946 e en 1948 construíron un coche deportivo de carreiras co chasis dun Alta, embarcándose na construción de coches de carreiras e coches deportivos de carreiras na súa sede en Walton-on-Thames, Inglaterra. O coche de 1948 deulles resultados alentadores polo que construíron un novo auto, esta vez chamouse HW-Alta, foi construído e competiu en 1949; logrou o éxito suficiente para convencer os socios para emprender a fundación dun equipo para a tempada británica de Fórmula Dúas de 1950, estes coches foron coñecidos como HWM.
A pesar de ser un equipo con moi pouco diñeiro, de a , HWM logrou un éxito notable na Fórmula Dúas, enfrontándose ao poderío das marcas continentais en cada carreira. En 1953 foron claramente superados, pero cando a Fórmula cambiou en , John Heath construíu un coche para competir na Fórmula 1. HWM abandonou a nova Fórmula 1 logo de dúas carreiras debido a que seu auto non era nada competitivo. Mentres tanto, aparecera en 1953 o primeiro coche deportivo de carreiras Jaguar con motor HWM, e logrou algo de éxito con George Abecassis no volante. Desde entón e ata 1957, o equipo participou en carreiras de autos deportivos en Gran Bretaña e no continente, ás veces superando os seus competidores oficiais, Jaguar e Aston Martin. Despois da morte de John Heath na Mille Miglia de 1956 en Italia nun coche HWM oficial, Abecassis non desexaba seguir e o programa de carreiras con coches de fábrica só continuou durante un ano.
A día de hoxe HWM é propiedade do socio de George Abecassis, Mike Harting (ex. Aston Martin) e a súa familia. HWM exerce as súas actividades como HWM Aston Martin e HWM Alfa Romeo, sendo o concesionario de Aston Martin e Alfa Romeo.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 HWM 51 Alta 2.0 L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP George Abecassis Ret Stirling Moss 8 HWM 51HWM 52 Alta 2.0 L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA George Abecassis Ret Peter Collins Ret Ret 6 Ret NTS NSC Lance Macklin Ret 11 9 15 8 NSC Stirling Moss Ret Paul Frère 5 Ret Roger Laurent 12 Yves Giraud-Cabantous 10 Duncan Hamilton Ret 7 Johnny Claes 10 Dries van der Lof NC HWM 53 Alta L-4 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA Peter Collins 8 Ret 13 Ret Lance Macklin Ret Ret Ret Ret Ret Ret Paul Frère 10 Ret Yves Giraud-Cabantous 14 15 Duncan Hamilton Ret Jack Fairman Ret Albert Scherrer NC John John Fitch Ret HWM 53 Alta L-4 ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP Lance Macklin Ret
Resultados doutros coches HWM (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Piloto Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Tony Gaze Tony Gaze HWM 51HWM 52 Alta L-4 SUI 500 BEL15 FRA GBRRet ALERet NED ITANSC E N Whiteaway Ted Whiteaway HWM 54 Alta L-4 ARX MONNSC 500 BEL NED GBR ITA
Notas
Ligazóns externas www.hwm.co.uk www.hwmastonmartin.co.uk www.hwmalfaromeo.co.uk
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido