Agustín Jorge Etcheverri, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou no Colexio de San Buenaventura e despois licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1927). Estableceuse en Cangas de Morrazo como médico a finais de 1927 e traballou para o pósito. Foi o primeiro presidente do Círculo Republicano Radical de Cangas formado en 1931, sendo representante do Partido Republicano Radical en Pontevedra. Foi Xuíz municipal de Cangas (1933). En 1935 foi un dos fundadores e o primeiro presidente de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo acusado de rebelión militar e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto ao secretario do concello Francisco Búa Carou, Lorenzo Corbacho Rodal, Víctor Sánchez Mártil e José Rodal Lanzós.El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7. Condenado á pena de morte, foi fusilado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Fusilados