Franco Baresi, nado en Travagliato (Brescia) o 8 de maio de 1960 e finado en Rozzano (provincia de Milán) o 31 de xullo de 2026 foi un futbolista italiano. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección italiana.
Traxectoria Xogou na Selección de fútbol de Italia en dúas Copas do Mundo (1990 e 1994). Na Copa do Mundo do 1994 perdeu un penalti cun disparo despois dunha final que rematou 0-0. Tamén foi membro do equipo italiano que rematou cuarto nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles (California). De calquera xeito o seu maior triunfo foi o mundial de 1982, onde a escuadra italiana rematou campioa.
A pesar da súa aparencia modesta, Baresi converteuse nun xogador famoso polas súas extraordinarias habilidades para analiza-lo xogo e controla-lo espazo. Por outro lado, tamén foi un dos poucos xogadores que consagraron a carreira a un mesmo club, o (A.C. Milan), para o que xogou 444 encontros, e meteu 12 goles. Retirouse dos campos en 1996 cando tiña 36 anos. Co Milan, Baresi gañou seis scudetto (títulos de liga de Serie A) e tres Copas de Europa. O número 6 do seu xersei foi retirado polo club, un feito excepcional no fútbol italiano. Baresi continuou despois a súa traxectoria deportiva coma adestrador.
O seu irmán Giuseppe Baresi xogou coma rival seu no Internazionale.
Palmarés Milan Serie A (6): 1978–79, 1987–88, 1991–92, 1992–93, 1993–94, 1995–96 Serie B (2): 1980–81, 1982–83 Copa Mitropa (1): 1982 Supercoppa Italiana (4): 1988, 1992, 1993, 1994 Copa de Europa/Champions League (3): 1988–89, 1989–90, 1993–94 Supercopa de Europa (3): 1989, 1990, 1994 Copa Intercontinental (2): 1989, 1990
Selección nacional Copa Mundial da FIFA Campións: 1982 Copa Mundial da FIFA Terceiro posto: 1990 Copa Mundial da FIFA Finalista: 1994
Individual Ballon d'Or Prata: 1989 FIFA 100
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina non oficial Datos do xogador en fifa.com
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na provincia de Brescia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:FIFA 100 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Finados en 2026