San Xián de Lendo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 401 habitantes (205 mulleres e 196 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.
Historia A finais do século XIII e principios do XIV foi unha encomenda templaria, que deixou as súas pegadas na Igrexa de San Xián na decoración de estrelas, rosetas e canzorros, destacando a que representa a cabeza dun elefante.
Industria Entre Lendo e Cabovilaño concéntrase a actividade industrial da Laracha, destacando a siderúrxica e a cerámica Campo.
Lugares e parroquias Lugares de Lendo
Parroquias da Laracha
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Laracha
Categoría:Parroquias da Laracha Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián