Santa María de Torás é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 3 852 habitantes (1 895 homes e 1 957 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2 746 habitantes (1 416 mulleres e 1 330 homes).

Xeografía Nesta parroquia atópase a capital municipal, A Laracha. Está situada entre os dous núcleos industriais da zona, Arteixo e Carballo; ademais está próxima á cidade da Coruña e ben comunicada a través da AG-55 e da AC-552.

Estas circunstancias fixeron que experimentase un aumento a comezos do século XXI, tanto no terreo económico coma no demográfico. O crecemento vese reflectido no nivel de servizos dos que dispón: culturais (casa da cultura, biblioteca, servizos múltiples...), instalacións deportivas (polideportivo municipal, polideportivo do IES Agra de Leborís, piscina municipal climatizada, campo de fútbol...), zonas verdes (área de ocio Maximino Canedo, O Recreo, prazas e parques...) e áreas de recreo (área de recreo e praia fluvial de Gabenlle, paseo fluvial de Gabenlle).

Patrimonio A parroquia ten dúas igrexas: a de Santa María de Torás, do século XIX e a igrexa parroquial de Torás, do século XX, ademais da capela de San Roque e Santo Antón, nas Torres de Cillobre.

Lugares e parroquias Lugares de Torás

Parroquias da Laracha

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Laracha

Categoría:Parroquias da Laracha Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María