San Xoán de Camboño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Lousame. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 188 habitantes (90 homes e 98 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Xeografía É a parroquia máis occidental do concello, no val do río Hornada. Limita ao noroeste co Porto do Son, ao nordeste con Noia, ao sur con Boiro, e con Tállara ao leste, a través da serra da Barbanza.

Na parte baixa do val estendese as terras de cultivo e os núcleos de poboación máis accesibles, Chousa, Crons e Camboño.

Historia Aquí atópanse as primeiras mostras de poboamento, as mámoas, do concello de Lousame.

Durante o Antigo Réxime, pertenceu ás xurisdicións de Noia, rexida polo arcebispo de Santiago de Compostela e na provincia homónima.

A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a substitución por unha administración municipal. En 1823, coa derogación da constitución por Fernando VII, restaurando o réxime señorial. Coa definitiva recuperación do municipalismo en 1835, incorporouse ao actual concello de Lousame.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Xoán atópase no lugar da Igrexa. En Camboño está a ermida de Santa María A Gorgosa. Varios dos muíños de Camboño foron reconstruídos.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Camboño

Parroquias de Lousame

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lousame

Categoría:Parroquias de Lousame Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán