O Parque Natural da Serra Cebollera atópase na provincia da Rioxa, pertencendo ó Sistema Montañoso Ibérico.

Flora O hábitat predominante neste parque son as fragas caducifolias. As especies máis habituais son as faias e os carballos. Salientar un pequeno bosque de Piñeiro negro (Pinus uncinata) que xunto co bosque na Serra de Gúdar (Teruel) son os únicos existentes na Península Ibérica, exceptuando os Pireneos.

Fauna No parque pódense observar especies tan salientables coma o corzos, o cervo (reintroducido), a perdiz pardilla, a aguia real, o merlo rieiro, a lontra ou os tritóns palmados e pintados.

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial do parque

Cebollera, Parque Natural da Serra