Juan Ramón "Moncho" Parada Castiñeiras, nado na Coruña en xuño de 1939, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro.

Traxectoria Formouse na canteira do Victoria, onde coincidiu con Amancio, e en 1958 ámbolos dous incorporáronse ao Deportivo da Coruña. Estivo no equipo B ata o seu debut co primeiro equipo nun partido amigable contra o Ourense no Carballiño.

Nas tempadas 1959/60 e 1960/61 da Segunda División formou parte do primeiro equipo, adestrado por Jesús Barrio, como terceiro porteiro por detrás de Emery e Rafa. Xogou só 3 partidos oficiais durante esas dúas campañas, nos que encaixou cinco goles. Non contou con ningún minuto na seguinte campaña, con Otxoa no banco, na que os primeiros gardametas foron Pampols e Emery, e na que o Deportivo conseguiu o ascenso á Primeira División.

En 1962 deixou o equipo coruñés e fichouno o Rayo Vallecano por recomendación de Amancio. Na tempada 1963–64 xogou co Salamanca en Segunda División, onde tamén foi o terceiro porteiro do equipo (detrás de Miguel Benito e José Sánchez-Rojas). Ese ano o equipo castelán descendeu a Terceira División.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1939 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Victoria CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da UD Salamanca