Byron Elsworth Barr, nado en St. Cloud, Minnesota o 4 de novembro de 1913 e finado en Nova York o 19 de outubro de 1978, foi un actor estadounidense, máis coñecido como Gig Young.

Traxectoria Comezou a interesarse pola interpretación intervindo en obras teatrais no instituto. Foi descuberto xunto con George Reeves nunha obra de afeccionados por un cazatalentos da Warner Bros., sendo contratados polo estudio. Inicialmente apareceu acreditado como Byron Barr, mais a partir de interpretar unha personaxe chamada Gig Young en The Gay Sisters o estudio decidiu que adoptase ese mesmo nome.

Tras interpretar numerosos personaxes secundarias, deixou a interpretación durante a segunda guerra mundial para enrolarse na Garda Costeira. Tras a guerra traballou para varios estudios, sendo contratado pola Columbia Pictures antes de volver a traballar por libre.

A mediados dos anos cincuenta comezou a traballar na televisión e en 1969 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por They Shoot Horses, Don't They?.

Nos últimos anos foi vítima do alcoholismo, que lle fixo perder papeis, como o de Blazing Saddles, do que foi despedido tras sufrir un colapso.

O 19 de outubro de 1978, tres semanas despois do seu quinto matrimonio, el e a súa dona foron atopados mortos no seu apartamento de Manhattan. Segundo a policía, Young disparou á súa muller e logo suicidouse.

Filmografía Ano Filme1940Misbehaving Husbands1941Here Comes the CavalryThe Tanks Are Coming1942Captains of the CloudsThe Mad MartindalesThe Gay Sisters1943Air ForceOld Acquaintance1947Escape Me Never1948The Woman in WhiteWake of the Red WitchThe Three Musketeers1949Lust for GoldTell It to the Judge1950Tarnished Hunt the Man DownTarget Unknown1951Only the ValiantSlaughter TrailCome Fill the CupToo Young to Kiss1952Holiday for SinnersYou For Me1953The Girl Who Had EverythingArenaCity That Never SleepsTorch Song1954Young at Heart1955The Desperate Hours1957Desk Set1958Teacher's PetThe Tunnel of Love1959Ask Any GirlThe Story on Page One1962That Touch of MinkKid GalahadFive Miles to Midnight1963For Love or Money A Ticklish Affair1965Strange Bedfellows1967The Shuttered Room1969They Shoot Horses, Don't They?1970Lovers and Other Strangers1973A Son-in-Law for Charlie McReady 1974A Black Ribbon for DeborahBring Me the Head of Alfredo Garcia 1975MicheleOs aristócratas do crime The Hindenburg1978Game of Death

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1978