thumb|Vista da península de Almira desde Castillejos (Fnidek), en Marrocos. A península de Almina é un promontorio español situado no norte de África, en pleno estreito de Xibraltar. Ocupa unha gran parte da cidade autónoma de Ceuta, conformando o leste desta.
A península está separada do resto da cidade por un pequeno istmo no que se encontra o foso de San Felipe (s. XV-XVII), atravesado por tres pontes, este foso pertence ao Conxunto Monumental das Murallas Reais de Ceuta.
Na punta deste promontorio, coñecida como punta Almina, encóntrase o monte Hacho, considerada unha das lendarias columnas de Hércules. A poucos metros da costa atópase a chamada illa de Santa Catalina, que hoxe en día se encontra unida totalmente á península.
Véxase tamén Ligazóns externas
Tutiempo.net Regulares.es
Categoría:Xeografía de Ceuta Almina