A ethernet ou estándar IEEE 802.3 determina a forma de envío e recepción nun medio físico compartido que se comporta como bus lóxico, independentemente da súa configuración física. Orixinalmente foi deseñada para enviar datos a 10Mbps, aínda que posteriormente foi mellorada para que funcionase a 100Mbps, 1Gbps ou 10Gbps e xa se está traballando en futuras versións a 40Gbps e a 100Gbps.
Nas versión de 10Mbps a 1Gbps utiliza o protocolo de aceso ao medio CSMA/CD (acceso múltiple con detección portadora e detección de colisións). Actualmente Ethernet é a estándar máis utilizada nas rede locais ou LAN.
As redes Ethernet son de carácter non determinista, na que os host poden transmitir en calquera momento. Antes de envialos escoitan o medio de transmisión para determinar se se atopa en uso. Se o está, entón esperan. No caso contrario, os host comezan a transmitir. No caso de que dous o máis hosts comecen a transmitir tramas á vez produciranse encontróns ou choques entre tramas diferentes que queiran pasar polo mesmo sitio á vez. Este fenómeno denomínase colisión e á porción dos medios de rede onde se producen denomínase dominio de colisión. Tecnoloxías Ethernet máis comúns e máis importantes: Ethernet 10Base2. Ethernet 10Base5. Ethernet 10Base-T. Ethernet 10Base-FX. Fast Ethernet.
Formato de trama Ethernet Trama Ethernet CabeceiraEthernet Cabeceira IP(20 bytes) Cabeceira TCP(20 bytes) Datos ChecksumEthernet Preámbulo: Patrón duns (1) e ceros (0) que indica as estacións receptoras que unha trama é Ethernet IEEE 802.3 Inicio de trama: Byte delimitador que serve para sincronizar as porcións de recepción de trama de todas as estacións da rede. Este campo especifícase explicitamente en Ethernet. Enderezos destino e orixe: Inclúe os enderezos físicos (MAC) únicas da máquina que envía a trama e da máquina destino. O enderezo orixe sempre é un enderezo único, mentres que o de destino pode ser de broadcast único (trama enviada a unha única máquina), de broadcast múltiple (trama enviada a un grupo) ou de broadcast (trama enviada a todos os nodos). Tipo: Especifica o protocolo de capa superior que recibe os datos que segue ese campo. Datos: Inclúe os datos enviados na trama. Secuencia de verificación de trama: Contén un valor de verificación CRC (Control de Redundancia Cíclica) de 4 bytes, creado polo dispositivo emisor e recalculado polo dispositivo receptor para verificar a existencia de tramas danadas. Campos da trama Ethernet Preámbulo Inicio dedelimitador detrama Enderezodestino Enderezoorixe Tipo Datos Secuencia de verificaciónde trama ? 1 byte 6 bytes 6 bytes 2 bytes 46-1500 bytes 4 bytes
Categoría:Protocolos de Internet Categoría:Redes de computadores