Calino de Éfeso (en lingua grega Καλλῖνος), foi un poeta grego clásico da primeira metade do século -VII. Traxectoria Vincúlano á pole de Éfeso, pero nada seguro pode dicirse respecto diso. É un dos máis antigos poetas elexíacos (é dicir, que compuxeron dísticos elexíacos formados por un hexámetro e un pentámetro); da súa biografía coñécese moi pouco e só se conservan da súa obra tres fragmentos de peáns ou poemas guerreiros moi influídos pola epopea no plano do formal, pero novidosos en canto á exhortación cara a un exército hoplítico que loita unido, o maior destes poemas consta duns vinte versos. Viviu na época das guerras que Éfeso, cidade xonia de Asia Menor, mantiña cun pobo invasor que se coñece co escuro nome de cimerios, de estirpe indoirania e que entrou en Asia Menor no século -VII. Unha das súas tribos, os treres, penetrou en Sardes e deu morte ao rei Xixes.

Cos seus poemas Calino daba ánimos, como Néstor na Ilíada, aos combatentes xonios para expulsar os estranxeiros da patria: "Quen é mortal, camiña cara á morte". Véxase tamén Ligazóns externas

Sobre Calino, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; texto inglés. Na parte superior dereita, atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Calino: Exhortación á batalla.Texto inglés no sitio Poetry Archive. Calino: Elexías.Textos franceses no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Calino no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Unha elexía de Calino: texto grego.

Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Lírica Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Poetas en lingua grega