Rainer Werner Fassbinder, nado en Bad Wörishofen (Baviera) o 31 de maio de 1945 e finado en Múnic o 10 de xuño de 1982 foi un director de cinema e guionista alemán, un dos principais representantes do novo cinema alemán.
Traxectoria Nado nunha familia burguesa, os seus pais separáronse en 1951, quedando coa súa nai. Porén, a tuberculose da súa nai mantívoos separados longas tempadas, sendo coidado por amigos. Fassbinder cada vez volvíase máis independente e incontrolable, pasando moito tempo nas rúas e escapándose da escola. Co diñeiro que lle daba a súa nai ía ao cine case cada día, e en ocasións, tres ou catro veces no mesmo día. Con quince anos marchou a Colonia a vivir co seu pai, co que discutía habitualmente. Aló estudou na escola nocturna e facía pequenos traballos. Tamén comezou a escribir obras, poemas e contos.
En 1963 mudouse a Múnic, tomando clases de interpretación. En 1965 escribiu e dirixiu unha curtametraxe, Der Stadtstreicher, financiado polo seu amante, o aspirante a actor Christoph Roser. Dous anos despois uniuse a unha compañía teatral, na que actuaba e dirixía.
A partir de 1969 concentrouse na súa carreira cinematográfica, pero volveu intermitentemente ao teatro ao longo da súa vida. Durante os quince anos que durou a súa carreira no cinema dirixiu máis de corenta filmes e telefilmes. Ademais tamén foi compositor, director de produción, director de fotografía, produtor e montador, recibindo premios en múltiples festivais.
Nos anos nos que rodaba o seu último filme, Querelle (1982), Fassbinder abusaba do alcohol e das drogas. A tarde do nove de xuño de 1982, entou no seu cuarto a traballar nun futuro filme, Rosa L, baseado na vida de Rosa Luxemburg. Á unha da madrugada falou por teléfono co seu amigo e axudante Harry Baer. Cando a parella de Fassbinder, a montadora Juliane Lorenz, chegou á casa, entrou no cuarto (sen permiso) e atopouno morto na cama. A causa da morte foi un dose letal de cocaína e barbitúricos."O du verhasst-geliebtes Gift", Der Spiegel, 21 June 1982
Filmografía Ano Filme 1969 Liebe ist kälter als der Tod 1969 Katzelmacher 1970 Götter der Pest 1970 Warum läuft Herr R. Amok? 1970 Der amerikanische Soldat 1971 Whity 1971 Warnung vor einer heiligen Nutte 1972 Händler der vier Jahreszeiten 1972 Die bitteren Tränen der Petra von Kant 1974 Angst essen Seele auf 1974 Effi Briest 1975 Faustrecht der Freiheit 1975 Mutter Küsters Fahrt zum Himmel 1976 Satansbraten 1976 Chinesisches Roulette 1978Despair 1978 In einem Jahr mit 13 Monden 1979 Die Ehe der Maria Braun 1979 Die dritte Generation 1981 Lili Marleen 1981 Lola 1982 Die Sehnsucht der Veronika Voss 1982 Querelle
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fassbinder's Satan's Brew Fassbinder Foundation
Carreira Holy Whore: Remembering Rainer Werner Fassbinder Entrevista con Hanna Schygulla sobre Fassbinder Artigo "We still miss him", artigo do Insituto Goethe (2010)
Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Finados por sobredose