Cadeas e dragóns (en ) é unha serie estadounidense de animación baseada no xogo de rol homónimo. É unha coprodución de Marvel Productions e TSR, e orixinalmente a serie emitiuse a través da CBS dende 1983 a 1985 en tres temporadas, cun total de 27 episodios. A compañía xaponesa Toei Animation realizou a animación da serie.

A historia céntrase nun grupo de seis amigos que son transportados a un mundo de fantasía e as súas aventuras para atopar o xeito de volver a casa. Para iso, contan coa axuda do seu guía o "Dungeon Master". Un episodio final que non foi producido debía servir ou ben para rematar a trama ou para redirixir a serie nunha cuarta temporada. Porén, a serie foi cancelada antes de que o episodio fose realizado. O guión dese episodio pode atoparse en diversas fontes na rede e foi usado nun drama en son que aparece na edición especial en DVD da serie.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Guión do episodio 'Requiem'

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 1983 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1985 Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión con versión galega