Irene Marie Dunn, nada en Louisville (Kentucky) o 20 de decembro de 1898 e finada nos Ánxeles o 4 de setembro de 1990 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Irene Dunne.
Traxectoria Nada en Kentucky, tiña once anos cando morreu o seu pai. Despois dese feito mudouse coa súa nai e o seu irmán a Madison, Indiana. A nai de Dunne ensinoulle desde pequena a tocar o piano. Ademais, cunha voz de soprano tratou de ser cantante de ópera, pero non pasou as probas da Metropolitan Opera Company.
Debutou en Broadway en 1922 e en poucos anos xa tiña unha destacada carreira no escenario. En 1929 asinou un contrato coa RKO Pictures e apareceu no cinema por primeira vez en 1930. Marchou a Hollywood coa súa nai e irmán, quedando o seu marido en Nova York ata 1936.
Durante as décadas de 1930 e 1940 converteuse nunha popular heroína da pantalla, interpretando a súa primeira comedia en 1936 (Theodora Goes Wild).
Retirouse en 1952, aínda que seguiu actuando no teatro e na televisión ata 1962, tres anos antes da morte do seu marido.
Dunne foi descrita como a mellor actriz que nunca recibiu un oscar a pesar de recibir cinco candidaturas ao premio á mellor actriz.
Filmografía Ano Filme 1930 Leathernecking1931 Cimarron Bachelor Apartment The Great Lover Consolation Marriage1932 Symphony of Six Million Back Street Thirteen Women1933 No Other Woman The Secret of Madame Blanche The Silver Cord Ann Vickers If I Were Free1934 This Man Is Mine Stingaree The Age of Innocence Sweet Adeline1935 Roberta Magnificent Obsession1936 Show Boat Theodora Goes Wild1937 High, Wide, and Handsome The Awful Truth 1938 Joy of Living1939 Love Affair Invitation to Happiness When Tomorrow Comes 1940 My Favorite Wife1941 Penny Serenade Unfinished Business 1942 Lady in a Jam 1943 A Guy Named Joe1944 The White Cliffs of Dover Together Again 1945 Over 21 1946 Ana e o rei de Siam 1947 Life with Father 1948 I Remember Mama1950 Never a Dull Moment The Mudlark 1952 It Grows on Trees
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The Irene Dunne Site
Información biográfica Irene Dunne Virtual History Indiana Historical Marker for Irene Dunne in Madison, Indiana
Categoría:Actores de Kentucky Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1990