Juan Manuel Viaño Rey, nado en Boqueixón o 4 de xullo de 1955, é un matemático galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Licenciado de Matemáticas,é catedrático de Matemática aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Na universidade, foi xefe do departamento de Matemáticas aplicadas entre 1986 e 1992, decano da facultade de Matemáticas entre 2001 e 2009 e vicerreitor no equipo de goberno de Senén Barro, entre 2002 e 2010.

Politicamente defínese como socialdemócrataJuan Viaño: «Se non negocio recibirei o trato que tivo Casares», entrevista en La Voz de Galicia, 11/4/14 e foi concelleiro do PSdeG en Boqueixón. miniatura|Inauguración das xornadas Abril Oteriano 2018 no Salón de Pleno do Colexio de Fonseca. Candidato a reitor nas eleccións de 2014, impúxose ao outro candidato, Antonio López Díaz, para suceder a Juan Casares Long por unha estreita marxe de 1.988 votos a 1.914, cunha diferenza de unicamente 25 votos ponderadosJuan Viaño, nuevo rector de la Universidade de Santiago por un puñado de votos, La Voz de Galicia, 26/4/14. En 2018 volveu postularse para a re-elección como reitor, pero foi derrotado nesta ocasión polo xurista Antonio López Díaz"Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo", Praza Pública, 23 de maio de 2018..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Currículo de Juan Viaño (En inglés e castelán).

Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela