Mateu é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonésEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. e co catalán. De orixe hebraica, quere dicir "agasallo de Deus". Mateu é unha variante moi común en galego, de feito é a única recollida nos dicionarios tradicionais de galego desde o século XIX.En Dicionario de Dicionarios da USC. En galego tamén admite a variante Mateo.

En xaneiro de 2023 existían 13 varóns en Galicia co nome Mateu, cunha media de idade de 14,8 anos,Nome Mateu na Web do Instituto Galego de Estatística e 5.817 co nome Mateo, cunha media de idade de 10,7 anos.Nome Mateo na Web do Instituto Galego de Estatística

Historia O nome ten as súas orixes no Novo Testamento, a partir do hebraico, polo nome ΜαθθαιοςNovum Testamentum Graece (Nestle-Aland), KATA MAΘΘAION 9:9. e unha transliteración koiné ao arameo polo diminutivo מתי (Mattay, Maty). Do latín Matthæus, a ortografía do inglés "Matthew" vén directamente desde o francés Matthieu (antes Matheu, forma coincidente en galego antigo). En última instancia, o nome deriva do nome מתתיהו (Matatyahu, Mattathias) ou מתיתיהו (Matityahu, Mattithiah), Mateu significa "don de Yahveh". O nome hebraico é tamén deletreado נתניהו. Tamén é relacionado incluír os nomes (Netanyahu, Nethaniah), cambiados e coas sílabas יהונתן (Yehonatan, Jonathan).

Mateu foi un nome común en Galiza. Mateu o Evanxelista é o padroeiro de varias parroquias, incluso é haxiónimo dunha parroquia galega: San Mateo de Oliveira. San Mateo é tamén un lugar da parroquia de Labrada no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá.

Santoral San Mateu o Evanxelista. A igrexa católica celebra a súa festa o 21 de setembro; a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro. Na cultura popular galega Polo san Mateu sementa ti e sementarei eu; polo San Miguel semente quen poider; e polo San Luca saca o boi da asuca, en Chantada e Argozón, que en Camba e Deza, inda non. Pregúntalle a Mateu que é tan bo como eu! Pregúntalle a Mateu que mente como eu! San Mateu, vindima ti, vindimarei euLiteratura popular de Galicia, 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense.

Persoas Mateu o Evanxelista, apóstolo de Xesús Cristo. Evanxeo de Mateu, (s.I) o primeiro dos evanxeos do Novo testamento.

Galegos Mestre Mateu, (s.XII) arquitecto e escultor galego artífice do Pórtico da Gloria. Premios Mestre Mateo, galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Mateo de Prado, Cumbraos, Sobrado, 1614, escultor barroco galego. Mateo Segade Bugueiro, Traseirexe, San Roman, Santiso, 1605, foi un bispo católico galego. Outras personalidades Mateu I de Foix, vizconde de Castellbó e señor de Montcada, s.XIV Mateu I Orsini, Malta. s. XIII Mateu I Visconti, Señor de Milán. s. XIV Mateu II Visconti, Señor de Milán. s. XIV Mateu Cantacuzeno, 1325, emperador de Bizancio entre 1353 e 1357.

Variantes miniatura|Eruanno - Mateu, escrito en Quenya. Variantes noutras linguas Alemán Mathias, Matthias, Matthäus Árabe متى (Mattā) Aragonés Mateu Armenio Մատթէոս (Mathios) Asturiano Mateo, Mateos Belaruso Мацей (Maciej) Búlgaro Матей (Matey), Матюш (Matyush), Мато (Mato), Матуш (Matush) Castelán Mateo Catalán Mateu Checo Matěj, Matouš Coreano 매튜, 마태 Croata Matej, Mate, Matija, Matko Dinamarqués Mads, Mattæus, Mathias Eslovaco Matej, Matus Esloveno Matej, Matevž, Matjaž, Matija Esperanto Mateo, Matiaso Estoniano Madis, Mati Finés Matias, Matti Francés Mathieu, Matheu, Matthieu; Mathias, Matthias; Mathis, Matthis Gaélico escocés Maitias Galés Mathew, Mat Grego Matthaios, Maththaios Hawaiano Makaio, Mataio Holandés Matthijs, Mathijs, Mattijs, Mattheus Hebraico Mattai, Mattityahu, Mattithyahu Húngaro Máté, Mátyás Inglés Matthew, Mathew, Matt, Matty, Mattie Interlingua Mattheo Irlandés Maitiú Islandés Matthías Italiano Matteo, Mattia, Maffeo Latín Matthæus Letón Matīss, Matejs, Metjū, Matiass Lituano Matas, Motiejus Malaiala Mathai, Matthai, Mathew, Maatthu, Maathan Malaio Matius Noruegués Matteus Polonés Mateusz, Maciej Portugués Mateus, Matias (actual ortografía), Matheus, Mathias (ortografía arcaica) Romanés Matei Ruso Матвей (Matvei), Матфей (Matfei), Мотя (Motya) Serbio Матија (Matiya) Sueco Matteus, Mattias, Mathias, Mats, Mattis Turco Matta, Mattayıs Ucraíno Матвій (Matviy), Матей (Matey) Xaponés マット (Matto), マシュー (Mashyuu) Quenya Eruanno, Erunno

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos cataláns