miniatura|300px|dereita|Na palmitoilación, engádese xeralmente un grupo palmitoíl (derivado do ácido palmítico, que se mostra na figura).
A palmitoilación é a unión covalente de moléculas de ácidos graxos, como o ácido palmítico, a unha proteína en residuos cisteína e menos frecuentemente serina e treonina, a cal é caracteristicamente unha proteína de membrana.Linder, M.E., "Reversible modification of proteins with thioester-linked fatty acids," Protein Lipidation, F. Tamanoi and D.S. Sigman, eds., pp. 215-40 (San Diego, CA: Academic Press, 2000). A función precisa da palmitoilación depende da proteína determinada que se considere. En xeral, a palmitoilación potencia a hidrofobicidade das proteínas e contribúe á súa asociación coa parte hidrófoba das membranas. A palmitoilación tamén parece xogar un papel significativo no tráfico subcelular de proteínas entre os compartimentos de membrana, e tamén na modulación das interaccións proteína-proteína.Basu, J., "Protein palmitoylation and dynamic modulation of protein function," Current Science, Vol. 87, No. 2, pp. 212-17 (25 xullo 2004), http://www.ias.ac.in/currsci/jul252004/contents.htm A diferenza da prenilación e a miristoilación, a palmitoilación xeralmente é reversible porque o enlace entre o ácido palmítico e a proteína é a miúdo un enlace tioéster. A reacción inversa está catalizada polas palmitoíl proteína tioesterases. Como a palmitoilación é un proceso postraducional dinámico, crese que a célula o emprega para alterar a localzación subcelular, as interaccións proteína-proteína, ou as capacidades de unión dunha proteína.
Un exemplo de proteína que sofre palmitoilación é a hemaglutinina, unha glicoproteína de membrana utilizada polo virus da gripe para unirse aos receptores da célula hóspede.influenza viruses, the encyclopedia of virology, http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B7GG4-4CK7DHD-S&_rdoc=5&_hierId=42642&_refWorkId=141&_explode=42642&_alpha=I&_fmt=full&_orig=na&_docanchor=&_idxType=AR&view=c&_ct=10&_acct=C000011279&_version=1&_urlVersion=0&_userid=5399531&md5=607bbb1a7d18138457365550b9471eb5 . Nos últimos anos caracterizáronse os ciclos de palmitoilación que experimentan unha ampla variedade de encimas, como H-Ras, Gsα, o receptor β2-adrenérxico, e a óxido nítrico sintase endotelial (eNOS). Outro exemplo é a importante proteína de sinalización Wnt, que é modificada no caso da Wnt-3a murina por adición dun grupo palmitoleíl nun residuo de cisteína e por un grupo palmitoleoíl (derivado do ácido palmitoleico neste caso) a un residuo de serina, o cal controla o seu transporte na célula. Este último é un tipo de O-acilación e está mediada por unha O-aciltransferase unida a membranas e máis especificamente é unha palmitoleoilación. Na transdución de sinais por medio da proteína G, a palmitoilación da subunidade α, a prenilación da subunidade γ, e a miristoilación están implicadas en manter unida a proteína G á superficie interna da membrana plasmática para que a proteína G poida interaccinar co seu receptor de membrana.
A palmitoilación na plasticidade sináptica Considérase que a unión de cadeas hidrófobas longas a proteínas específicas ten unha grande importancia nas vías de sinalización celular. Un bo exemplo da súa importancia é no agrupamento de proteínas na sinapse. Un mediador principal do agrupamento de proteínas na sinapse é a proteína de densidade postsináptica (95kD) PSD-95. Cando esta proteína é palmitoilada queda restrinxida á membrana. Esta restrición á membrana permite que se una na membrana postsináptica a canais iónicos e os agrupe. Ademais, na neurona presináptica, a palmitoilación do SNAP-25 permite que o complexo SNARE se disocie durante a fusión de vesículas. Isto significa que a palmitoilación ten un papel na regulación da liberación do neurotransmisor."Molecular Mechanisms of Synaptogenesis." Edited by Alexander Dityatev and Alaa El-Husseini. Springer: New York, NY. 2006. pg. 72-75
A palmitoilación da proteína delta catenina parece estar coordinada por cambios dependentes da actividade nas moléculas de adhesión sinápticas, estruturas sinápticas, e localización de receptores que están implicados na formación da memoria.
Notas
Resh, M. (2006) "Palmitoylation of Ligands, Receptors, and Intracellular Signaling Molecules" . Sci STK. 359 outubro 31.
Véxase tamén Outros artigos Miristoilación Prenilación
Ligazóns externas CSS-Palm - Sitio de predición de palmitoilación cunha estratexia de contaxe e agrupamento CKSAAP-Palm
Categoría:Proteínas periféricas de membrana Categoría:Modificacións postraducionais