María Loureiro García, nada en Viveiro en 1981,La Voz de Galicia, A Mariña, 24-11-2009, p. l6 é unha política galega do PSdeG-PSOE, alcaldesa de Viveiro entre 2013 e 2025.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Foi elixida concelleira e nomeada primeira tenente de Alcalde de Viveiro nas eleccións municipais de 2011. O 20 de decembro do 2013 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Melchor Roel Rivas, converténdose na primeira alcaldesa de Viveiro. Por primeira vez foi cabeza de lista do PSdeG nas eleccións municipais de 2015 e resultou elixida alcaldesa, revalidando de novo o cargo en 2019. É deputada provincial dende 2019.
Nas eleccións municipais de 2023, foi a segunda candidata máis votada, mais conseguiu un pacto co BNG e coa candidatura independente "Por Viveiro" (xV), se ben eses últimos non entraron no goberno. Posteriormente, varios desacordos levaron a que a candidatura independente dese o seu apoio á candidatura do PP, e levaron a cabo unha moción de censura que levou, o 7 de marzo, á alcaldía a Mariña Gueimunde.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Viveiro
Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo