Jean-Pierre Alain Jabouille, nado en París o 1 de outubro de 1942 e finado o 2 de febreiro de 2023, foi un piloto de carreiras francés. Competiu en 55 Grandes Premios, logrando dúas vitorias nos primeiros anos dos coches turbo de Renault na década de 1970. Jabouille tamén correu nas 24 Horas de Le Mans desde finais de 1960 ata principios de 1990, pilotando para Alpine, Matra, Sauber e Peugeot logrando catro terceiros postos na xeral en 1973, 1974, 1992 e 1993, Jabouille foi un dos últimos dunha raza de pilotos de Fórmula Un que tamén eran enxeñeiros.

Traxectoria miniatura|dereita|Renault RS01 e casco de Jabouille no Deutsches Museum. miniatura|dereita|Jabouille en 1975.

Jabouille fixo a súa primeira aparición na Fórmula Tres francesa en 1967, e continuou en 1968, cando foi segundo detrás de François Cevert. En 1969 foi contratado como piloto de desenvolvemento por Alpine, participou en varias carreiras inconexas en Fórmula Dúas e automóbiles deportivos. En 1973 copilotou un Matra ata a terceira posición nas 24 Horas de Le Mans, e repetiu esta fazaña en 1974, cando tamén gañou a carreira de Fórmula Dúas en Hockenheim, e terminou como subcampión na serie Europea Alpine de 2 litros. Tamén fixo as súas primeiras aparicións na Fórmula 1, non logrou clasificarse co Williams no Gran Premio de Francia, nin co Surtees no Gran Premio de Austria.

En 1975 Jabouille cortou os seus lazos con Alpine, e obtivo o apoio Elf para facer o seu propio chasis de Fórmula Dous. Acabou segundo por detrás de Jacques Laffite, pero finalmente fixo o seu debut nun Gran Premio, terminando 12º nun Tyrrell oficial no Gran Premio de Francia. En 1976 concentrouse na Fórmula Dúas, finalmente gañou o título.

Jabouille foi contratado polo equipo Renault de Fórmula 1. Para desenvolver o seu novo motor turboalimentado de 1´5 l para . O RS01 debutou no Gran Premio do Reino Unido de 1977, pero nun principio o motor turbo (o primeiro na Fórmula 1) era fráxil e sufría dun grave atraso no turbo, polo que era difícil de conducir en circuítos estreitos. Con todo, Jabouille perseverou, logrando varias posicións cualificatorias notables en , e logrou os primeiros puntos da marca co 4º lugar no GP dos Estados Unidos.

En Renault preparou un segundo coche para René Arnoux. Jabouille logrou a primeira pole position para Renault na Fórmula Un no Gran Premio de Suráfrica e, a continuación, acadou a súa primeira vitoria, xustamente no Gran Premio francés, tamén desde a pole. Esta foi a primeira vitoria dun coche con turbo na Fórmula Un. Fixo dous poles máis, nos Grandes Premios de Alemaña e Italia, pero a escasa fiabilidade significou que esta fora a súa única vitoria.

En Jabouille logrou dúas poles máis, e outra vitoria no Gran Premio de Austria. Un fallo na suspensión no Gran Premio do Canadá deixouno cunha perna rota, xusto despois de que asinara con Ligier para .

As súas feridas obrigáronlle a perderse as dúas primeiras carreiras da tempada 1981, pero pronto viuse que non estaba en plena forma, non logrou clasificarse en dous dos seus catro intentos, momento no que decidiu retirarse da Fórmula Un, converteuse en director do equipo Ligier / Talbot en 1982.

Jabouille regresou a mediados da década de 1980 para pilotar no Campionato Supertouring Francés, antes de unirse a Peugeot para axudar a desenvolver o seu programa de autos deportivos nas 24 Horas de Le Mans, que culminou cun terceiro lugar en 1992 e 1993. En 1994 sucedeu a Jean Todt como director de Peugeot Sport, pero as infrutuosas tempadas coa marca en asociación con McLaren e Jordan significaron o seu despedimento en 1995. Desde entón dirixiu o seu propio equipo de autos deportivos no Campionato da FIA de Sport Prototipos.

Resumo da súa carreira Resultados completos do Campionato de Europa de Fórmula Dous Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Pts 1970 Constructions Mechaniques Pygmée Pygmée MDB15 Cosworth THRNSC HOC BAR11 PAL PER8† TUL IMONSC HOCNTS 16º 2 1971 Equipe Tecno Elf Tecno TF71 Ford HOCRet THR NÜR JARNSC PALNSC ROUNTS MAN TUL ALBNSC VAL VAL — 0 1972 Elf Coombs Racing March 722 Ford MALRet THR HOC IMORet MAN2 PERRet 14º 7 Elf 2 PAUDNQ PAL HOC ROUNTS ZELRet SAL9 ALBRet HOC10† 1973 Elf Coombs Racing Elf 2 Ford MAL HOC THRRet NÜRRet PAU KIN NIV HOC ROUNTS MNZ MANRet KAR PERRet SAL NOR ALB5† VAL 24º 3 1974 Ecurie Elf Elf 2 BMW BAR3 HOC PAU4 SALRet HOC1 MUG7 KAR PER HOC3 VALRet 4º 20 1975 Equipe Elf Switzerland Elf 2J BMW EST8 THR5 HOCRet NÜR4 PAU2 HOCRet SAL1 ROURet MUGRet PERRet SILRet ZOLRet NOG3 VAL 5º 24 1976 Equipe Elf Switzerland Elf 2J Renault HOCRet THR14 VAL1 SAL6 PAU3† HOC4† ROU2 MUG1 PER4 EST2 NOGRet HOC1 1º 53

† Os pilotos que terminaron por diante de Jabouille non eran elixibles para puntuar polo que Jabouille anotou máis puntos que o que lle correspondía pola súa posición.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts. Frank Williams Racing Cars Iso Marlboro FW Ford Cosworth DFV V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRANSC GBR ALE NC 0 Team Surtees Surtees TS16 Ford Cosworth DFV V8 AUTNSC ITA CAN USA Elf Team Tyrrell Tyrrell 007 Ford Cosworth DFV V8 ARS BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA12 GBR ALE AUT ITA USA NC 0 Equipe Renault Elf Renault RS01 Renault V6t ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBRRet ALE AUT NEDRet ITARet USARet CANNSC XPN NC 0 Equipe Renault Elf Renault RS01 Renault V6t ARX BRA RSARet USWRet MON10 BELNC ESP13 SWERet FRARet GBRRet ALERet AUTRet NEDRet ITARet USA4 CAN12 17º 3 Equipe Renault Elf Renault RS01 Renault V6t ARXRet BRA10 RSARet USWNTS 13º 9 Renault RS10 Renault V6t ESPRet BELRet MONNC FRA1 GBRRet ALERet AUTRet NEDRet ITA14 CANRet USARet Equipe Renault Elf Renault RE20 Renault V6t ARXRet BRARet RSARet USW10 BELRet MONRet FRARet GBRRet ALERet AUT1 NEDRet ITARet CANRet USA 8º 9 Equipe Talbot Gitanes Ligier JS17 Matra V12 USW BRA ARXNSC SMRNC BELRet MONNSC ESPRet FRA GBR GER AUT NED ITA CAN CPL NC 0

Véxase tamén

Notas

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Surtees Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tyrrell Racing Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Renault Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ligier Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en 1942

Categoría:Nados en París

Categoría:Finados en 2023