Santa María do Leboreiro é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 69 habitantes (34 homes e 35 mulleres) 34 menos ca en 1999. Ten 3 entidades de poboación.
Patrimonio A igrexa de Santa María do Leboreiro é gótica do século XIV con moitas reminiscencias do románico. Ten ábsida circular, no tímpano está esculpida unha figura da Virxe e no interior ten pinturas murais do século XVI con escenas de San Sebastián, a flaxelación e a visitación.
Lugares e parroquias Lugares do Leboreiro
Parroquias de Melide
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Melide
Categoría:Parroquias de Melide Categoría:Localidades do Camiño Francés Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María