Speedy Gonzales, alcumado "o rato máis veloz de todo México", é un personaxe animado da serie Looney Tunes da Warner Brothers. As súas características máis importantes son a súa incríbel velocidade. Speedy Gonzales xeralmente usa un gran chapeu amarelo, roupa branca e un pano vermello atado no pescozo.

Historia Speedy debutou na cusrtametraxe Cat-Tails for Two de 1953, dirixida por Robert McKimson. Nesta primeira versión presentaba algunhas diferenzas estéticas, salientando un gran dente de ouro e vestindo só unha camisola vermella. Dous anos máis tarde, Friz Freleng e o animador Hawley Pratt, redeseñaron o personaxe até acadaren a súa aparencia actual, cun traxe branco, un pano encarnado e o seu chapeu amarelo. A nova versión debutou en Speedy Gonzales (1955). Nesta curta participa o gato Silvestre, que abusaba duns ratos. A animación gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada en 1955, e foi ademais a primeira vez que Speedy dicía a súa célebre frase "Ándale! Ándale! Arriba! Arriba!".

Freleng e McKimson puxeron a Silvestre como o inimigo de Speedy, unha especie de "O Coiote e o Papaleguas". Silvestre vese constantemente humillado e derrotado polo rato, e sofre un gran número de accidentes con trallos de ratos ou mollo picante. Nalgúns capítulos Speedy está na compaña do seu curmán, O lento Rodrigues, "o rato máis lento de México". Aínda que lento comparado con Speedy, el se defendía cunha pistola e nunca necesitou da axuda de Speedy. Nos anos sesenta o inimigo de Speedy pasa a ser o Pato Lucas.

En 1999, coa creación da canle de televisión Cartoon Network, as curtametraxes de Speedy Gonzales deixaron de ser emitidas. Segundo a voceira Laurie Goldberg, isto debeuse aos "estereotipos étnicos" que mostraban. A medida foi criticada polos fanáticos do personaxe, que trataron de convencer á canle de volver emitir as curtametraxes. A Liga de ciudadanos latinoamericanos unidos referiuse a Speedy coma unha "icona cultural". En 2002, Cartoon Network volveu a amosar os episodios onde aparecía o personaxe.

Dobraxe Estados Unidos Mel Blanc (1953 - 1989) Joe Alazkey (1989 - presente)

México Veces emitidas en Galiza (en español). Edith Byrd (Primeira voz) Arturo Mercado (Segunda voz) Ernesto Lezama (Terceira voz)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gato Silvestre Pato Lucas Tweety Bird

Categoría:Looney Tunes Categoría:Animación Categoría:Personaxes de ficción