Santa María de Cumbraos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 205 habitantes (100 mulleres e 105 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 262 habitantes.
Toponimia O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María de Cumbraos data do século XIII. No seu interior atópase un retablo barroco sen ornamentación.
Festas Virxe do Rosario os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo. Santa María o 15 de agosto.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cumbraos
Parroquias de Mesía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía
Ligazóns externas
Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía