O Gran Premio do Canadá de 2014 (oficialmente 2014 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 8 de xuño de 2014 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. Foi gañada por Daniel Ricciardo, a carreira foi a sétima rolda da tempada , e o 51º Gran Premio do Canadá. Foi a sexta carreira na historia dos Grandes Premios en terminar detrás do coche de seguridade, logo do choque na última volta entre Felipe Massa e Sergio Pérez.
Ricciardo converteuse no cuarto australiano en gañar un Gran Premio de Fórmula Un logo de Jack Brabham, Alan Jones e o home que substituíu en Red Bull Racing para a tempada 2014, Mark Webber.
Resumo da carreira Antecedentes O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os seus pneumáticos de composto brando e super brando.
Práctica e cualificación Celebráronse tres sesións de prácticas antes da carreira; a primeira na mañá do venres e a segunda o venres pola tarde. Ambas sesións duraron unha hora e media. A terceira sesión celebrouse o sábado pola mañá e durou unha hora.
Fernando Alonso estableceu o tempo máis rápido na primeira sesión de adestramentos libres, por diante de Lewis Hamilton. Na segunda sesión de adestramentos libres, Hamilton foi o máis rápido por diante de Nico Rosberg. Hamilton foi o máis rápido de novo na terceira sesión de adestramentos libres, por diante de Felipe Massa.
A sesión de cualificación celebrada o sábado pola tarde dividiuse en tres quendas. A primeira quenda durou 18 minutos e elimináronse os seis últimos coches da cualificación. A segunda quenda da cualificación durou 15 minutos e foron eliminados os coches que terminaron nas posicións 11 a 16. A parte final da cualificación determinou as posicións do primeiro a décimo, e decidiu a pole position. Os coches que completaron a sesión final de cualificación non se lles permitiu cambiar os pneumáticos antes da carreira, e comezaron a carreira cos pneumáticos cos que fixeron a súa volta rápida.
As eliminatorias disputáronse baixo condicións secas. Na Q1, Lewis Hamilton marcou o mellor tempo. Hamilton marcou de novo o mellor tempo na Q2 e na Q3 Nico Rosberg marcou o mellor tempo, conseguindo a súa terceira pole da tempada cun tempo de 1:14.874. Hamilton uniuse a el na primeira fila da grella, perdendo por 0,079 segundos. Foi seguido na grella por Sebastian Vettel que venceu ao seu compañeiro de equipo ao clasificarse terceiro. Valtteri Bottas clasificou cuarto, 0´7 segundos por detrás de Rosberg e o seu compañeiro no equipo Williams Massa clasificouse quinto. Ricciardo, Alonso, Jean-Eric Vergne, Jenson Button e Kimi Räikkönen na súa 200º participación nun Gran Premio completaron os dez primeiros. Nico Hülkenberg foi 11º, non clasificándose por só 0´045 segundos. Kevin Magnussen colocou o seu McLaren no 12º, por diante de Pérez, Romain Grosjean, Daniil Kvyat, con Adrian Sutil 16º e Pastor Maldonado foi 17º, o resto dos coches foron os Marussia e Caterham. O piloto de Sauber Esteban Gutiérrez non participou na sesión de cualificación, debido a un accidente durante a anterior sesión de adestramentos libres, o seu equipo non puido reparar o seu coche a tempo..
Post-cualificación Aínda que Gutiérrez non tomou parte na cualificación, permitíuselle comezar a carreira, os comisarios xulgaron que era capaz de competir nun ritmo suficiente en base aos seus tempos de adestramentos libres. Máis tarde foi penalizado por ter que empezar desde o pit lane porque o seu equipo tivo que cambiar a caixa de cambios e a célula de supervivencia do seu auto como resultado do seu accidente nos adestramentos libres. Kamui Kobayashi recibiu unha penalización de cinco postos por un cambio da caixa de cambios non programado.
Carreira Ao comezo da carreira, Lewis Hamilton intentou ir polo exterior de Nico Rosberg na primeira curva, pero Rosberg bloqueou freos e impediuno, obrigando a Hamilton a retirarse da xogada e perder o segundo posto con Vettel.
A raíz dunha colisión entre os dous Marussia de Max Chilton e Jules Bianchi na primeira volta, saíu o coche de seguridade. O coche de seguridade volveu a entrar en boxes na volta 8 e a carreira reiniciouse.
Hamilton superou a Vettel para retomar o segundo lugar na volta 10, e logo pechou a menos dun segundo a distancia con Rosberg nas seguintes voltas. Na volta 26, Rosberg foi investigado polos comisarios para obter unha vantaxe inxusta despois de bloquear e cortar a chicana. Non foi penalizado polos comisarios, pero tivo unha "advertencia final".
Logo de construír unha vantaxe de máis de 20 segundos sobre os seus competidores máis próximos na volta 37, os Mercedes de Hamilton e Rosberg sufriron fallos MGU-K case simultáneos, na volta 37 e 38 respectivamente. A perda dos sistemas MGU-K fixo que os coches Mercedes perderan eficacia ao redor de 160 cabalos de forza e tiveran unha presión adicional sobre os seus freos traseiros. Esta perda de enerxía traduciuse nunhas voltas considerablemente máis lentas que os coches de detrás deles. Na volta 46, Hamilton pasou a Rosberg ao saír do pit lane trala súa segunda parada en boxes. Na curva 10, Hamilton saíuse da trazada logo de queixarse de problemas de freos. Isto permitiu a Rosberg colocarse de novo segundo, detrás do líder da carreira nese momento, Massa. Na recta do casino, logo de intentar pasar a Rosberg, unha vez máis, Hamilton perdeu completamente os freos e cortou a chicana, cedendo de novo o lugar a Rosberg na seguinte recta. Hamilton retirouse da carreira debido á falta de freos na volta 48. Mercedes confirmou máis tarde que a causa do problema era o sobre quecemento dos freos traseiros.
Cando Massa entrou a boxes para montar pneumáticos brandos, Sergio Pérez Mendoza e os Red Bulls alcanzaron a Rosberg e formaron un tren de coches detrás do piloto de Mercedes, con Rosberg, Pérez, Ricciardo e Vettel en rápida sucesión. Pérez no Force India era máis rápido que o Mercedes de Rosberg en liña recta tralo seu fallo MGU-K, pero Rosberg foi capaz de abrir unha brecha suficiente nas seccións con máis carga aerodinámica da pista para manterse fora do alcance do DRS na recta de boxes e defender a súa vantaxe. Mentres tanto, Massa quinto foi pechando rapidamente a brecha cos coches de diante trala súa parada en boxes, marcando a volta rápida e achegándose a Vettel ata un segundo por volta. Pérez comezou a desenvolver un problema cos freos, e na volta 66, Ricciardo pasoulle na primeira curva, subindo ao segundo lugar. Na seguinte volta, Ricciardo rebaixou a 0´7 segundos a vantaxe de Rosberg, e na penúltima volta pasou a Rosberg na recta de boxes para tomar a dianteira da carreira. Logo Vettel pasou a Pérez na chicana final para ascender a terceira posición.
Na última volta, Massa, que estivera moi preto detrás dos coches de diante, intentou superar a Pérez ao entrar na primeira curva. O pneumático dianteiro dereito de Massa tocou coa parte traseira do auto de Pérez, o que causou que chocaran contra as barreiras a alta velocidade, como resultado saíu o coche de seguridade nos momentos finais da carreira. Daniel Ricciardo gañou a primeira carreira da súa andaina na Fórmula Un, logrando a primeira vitoria de Red Bull da tempada . Rosberg terminou segundo, e agrandou a súa vantaxe no campionato a 22 puntos. Logo de coidar o seu coche para chegar a meta logo dos problemas que tivo coa súa unidade de potencia (MGU-K).
Post-carreira Logo da carreira Jules Bianchi e Max Chilton foron investigados polos comisarios pola súa colisión durante a primeira volta. Sergio Pérez e Felipe Massa foron investigados polos comisarios, pola súa colisión durante a última volta. Os comisarios consideraron a Chilton e Pérez responsable dos accidentes e foron sancionados cunha penalización de tres e cinco posicións, respectivamente, para a seguinte carreira.
Clasificación Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 6 Nico Rosberg Mercedes 1:16.471 1:15.289 1:14.678 1 2 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:15.750 1.15.054 1:14.953 2 3 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:17.470 1:16.109 1:15.548 3 4 77 Valtteri Bottas Williams F1-Mercedes 1:16.772 1:15.806 1:15.550 4 5 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:16.666 1:15.773 1:15.578 5 6 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:17.113 1:15.897 1:15.589 6 7 14 Fernando Alonso Ferrari 1:17.010 1:16.131 1:15.814 7 8 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:17.178 1:16.255 1:16.162 8 9 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:16.631 1:16.214 1:16.182 9 10 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:17.013 1:16.245 1:16.214 10 11 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:16.897 1:16.300 11 12 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:16.446 1:16.310 12 13 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:18.235 1:16.472 13 14 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:17.732 1:16.687 14 15 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:16.938 1:16.713 15 16 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:17.519 1:17.314 16 17 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:18.328 17 18 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1:18.348 18 19 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:18.359 19 20 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:19.278 21Kamui Kobayashi foi sancionado con cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado. 21 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:19.820 20 107% tempo: 1:21.052 NC 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari Sen tempoEsteban Gutiérrez non puido participar na cualificación porque o seu equipo non puido reparar os danos no seu coche, que sufriu como consecuencia dun accidente durante os 3º adestramentos libres. PLGutiérrez foi penalizado a comezar desde o pit lane porque o seu coche necesitou cambiar a caixa de cambios e a célula de supervivencia como consecuencia do seu accidente durante os adestramentos libres. Fonte:
Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 70 1:39:12.830 6 25 2 6 Nico Rosberg Mercedes 70 +4.236 1 18 3 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 70 +5.247 3 15 4 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 70 +11.755 9 12 5 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 70 +12.843 11 10 6 14 Fernando Alonso Ferrari 70 +14.869 7 8 7 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 70 +23.578 4 6 8 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 70 +28.026 8 4 9 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 70 +29.254 12 2 10 7 Kimi Räikkönen Ferrari 70 +53.678 10 1 11Sergio Pérez, Esteban Gutiérrez e Felipe Massa non terminaron a carreira, pero clasificáronse ao percorrer mais do 90% da distancia da carreira 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 69 Colisión 13 12 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 69 Colisión 5 13 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 69 +1 volta 16 14 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 64 ERS PL Ret 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 59 alerón traseiro 14 Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 47 Transmisión 15 Ret 44 Lewis Hamilton Mercedes 46 Freos 2 Ret 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 23 Suspensión 21 Ret 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 21 Unidade de potencia 17 Ret 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 7 Turbo 20 Ret 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 0 Colisión 18 Ret 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 0 Colisión 19 Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Nico Rosberg 140 10px 2 Lewis Hamilton 118 10px 1 3 Daniel Ricciardo 79 10px 1 4 Fernando Alonso 69 10px 1 5 Sebastian Vettel 57
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 258 10px 2 Red Bull-Renault 139 10px 3 Ferrari 87 10px 4 Force India-Mercedes 77 10px 5 McLaren-Mercedes 66
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Canadá Categoría:Gran Premio do Canadá de Fórmula 1