Candy Candy (no orixinal en ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977.

A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White. Foi despois adaptada nunha serie de anime por Toei Animation entre 1976 e 1979 que se distribuíu internacionalmente, tornándose moi popular en moitos países.

Anime A serie animada ou anime foi producida por Toei entre 1976 e 1979 consistindo en 115 episodios de 23 minutos cada un, ademais de dous OVAs de 1978 e un filme de 1992. En Galiza estreouse en TVE1Emisión de Candy en España mais non foron dobrados todos os capítulos por falta de audiencia. Porén, posteriormente foi rescatada por algunhas canles autonómicas coma TV3 (Cataluña) e tamén a Televisión de Galicia, que emitiu a serie completa dobrada ao galego e onde tivo moito éxito. En países como Italia, Francia, o Canadá, Indonesia e Corea do Sur, Candy Candy tivo enorme aceptación.

Controversia legal Dende 1998 está prohibida a difusión da serie en todos os países do mundo por mor a un proceso legal entre Igarashi e Mizuki polos dereitos de autor de Candy Candy.

Notas

Categoría:Obras de banda deseñada Categoría:Xabarín Club Categoría:Anime con versión galega Categoría:Series de televisión con versión galega