Jaime Baella Pérez, nado en Barcelona en 1892 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un sindicalista e político catalán residente en Galicia.
Traxectoria Anarcosindicalista de orixe catalá que foi expulsado de Cuba a comezos da década dos trinta. Foi perseguido en Valencia pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 e recalou na Coruña. Camareiro de profesión, participou na directiva sindical do oficio. Formou parte do Comité da Confederación Rexional Galaica a partir de 1935 e dirixiu Solidaridad.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e formou parte dunha rede clandestina de militantes confederais. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar o 30 de outubro xunto con José Brandariz Ramos, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado, Felisardo Brandariz Souto, Manuel Lantes Fernández, Juan Aguiar Brandariz, Juan Couso Martín e Roberto Seoane Ferreiro,La Voz de Galicia, 31-10-1937, p. 3. e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938 xunto con Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.El Compostelano, 10-3-1938, p. 2.La Voz de Galicia, 11-3-1938, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1938