miniatura|Park Won-sun Park Won-sun, nado en Changnyeong o 26 de marzo de 1956 e finado en Seúl o 9 de xullo de 2020, foi un antigo activista polos dereitos humanos, avogado e político surcoreano, alcalde de Seúl desde o 26 de outubro de 2011 ata a súa morte.
Traxectoria Estudou ciencias sociais Universidade Nacional de Seúl, de onde o expulsaron en 1975 por participar no movemento estudantil contra as políticas do presidente Park Jeonghui e mais foi á cadea durante catro meses, despois volveu aos estudos na Universidade de Danguk licenciándose en historia en 1979. En 1980 pasou os exames para exercer como avogando, traballando primeiro na oficina do fiscal en Daegu, e logo como avogado independente especializado en dereitos humanos. En 1994 foi un dos fundadores da ONG Solidariedade Popular para unha Democracia Participativa para minotorizar as prácticas do goberno e loitar contra a corrupción política, dirixíndoa de 1996 a 2002, ano no que pasou a dirixir The Beautiful Foundation, centrada na procura da eliminación das desigualdades. A partir de 2005 foi membro da Comisión para a Verdade e a Reconciliación encargada de investigar as violacións dos dereitos humanos desde a ocupación xaponesa en 1910 ata a fin do goberno totalitario coa elección do presidente Kim Yeongsam en 1993. No ano 2011 presentouse como candidato independente á alcaldía de Seúl co apoio do Partido Democrático e do Partido Laborista Democrático.
Notas
Categoría:Políticos de Corea do Sur Categoría:Avogados Categoría:Nados en Changnyeong Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Activistas de Corea do Sur Categoría:Suicidios en 2020