O Gran Premio de Austria de 2014 (oficialmente Formula 1 Grosser Preis von Österreich 2014) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 22 de xuño de 2014. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de e o 28º Gran Premio de Austria, o primeiro que se celebraba desde 2003.

Resumo da carreira Adestramentos libres Nico Rosberg foi o máis rápido na FP1 cun crono de 1:11.295. O seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton foi o máis rápido na FP2 cun crono de 1:09.542. Valtteri Bottas foi o máis rápido na FP3.

Eliminatorias Felipe Massa converteuse no primeiro piloto á parte de Lewis Hamilton e Nico Rosberg en lograr a pole position nesta tempada cun tempo de volta de 1:08.759 na Q3. Ía acompañado na primeira fila polo seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. Esta foi a primeira vez que Williams-Mercedes copou a primeira fila desde que Juan Pablo Montoya e Ralf Schumacher o fixeran no Gran Premio de Alemaña de 2003 en Hockenheim.

Hamilton non puido marcar tempo na Q3; saíu por fóra da pista na súa primeira volta e trompeando na segunda. Sebastian Vettel non logrou cualificar para a Q3, aínda que si que o fixo o seu compañeiro de equipo Daniel Ricciardo.

Carreira Ao principio, Felipe Massa liderou na primeira curva, con Rosberg pasando a Bottas, pero foi superado novamente na seguinte recta. Lewis Hamilton tivo o mellor comezo, pasando do noveno ao quinto posto e superando a Alonso pouco despois.

Sebastian Vettel, unha vez máis, sufriu problemas técnicos: perdeu potencia na segunda volta, foi capaz de continuar, pero cunha volta perdida e, logo de danar o alerón dianteiro, máis tarde retirouse a metade de carreira no gran premio de casa de Red Bull.

Na parte dianteira, os cambios de pneumáticos abriron o camiño para Mercedes; Rosberg pasou aos dous Williams na primeira parada e Hamilton na segunda rolda. Sergio Pérez fixo, unha vez máis, unha boa carreira, cunha estratexia de pneumáticos diferente, levando o composto super brando só nas últimas voltas e desafiando con éxito a Magnussen para o sexto lugar. Mentres tanto, Alonso chegou quinto clasificado, detrás de Felipe Massa, xa que coa velocidade superior do motor Mercedes non había xeito de pasalo.

Durante as últimas voltas, Lewis Hamilton foi reducindo a distancia co seu compañeiro de equipo Rosberg, pero o alemán pasou a bandeira a cadros para lograr a súa terceira vitoria da tempada.

Clasificación Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:10.292 1:09.239 1:08.759 1 2 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:10.356 1:09.096 1:08.846 2 3 6 Nico Rosberg Mercedes 1:09.695 1:08.974 1:08.944 3 4 14 Fernando Alonso Ferrari 1:10.405 1:09.479 1:09.285 4 5 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:10.395 1:09.638 1:09.466 5 6 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:10.081 1:09.473 1:09.515 6 7 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:09.678 1:09.490 1:09.619 7 8 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:10.285 1:09.657 1:10.795 8 9 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:09.514 1.09.092 Sen tempo 9 10 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:10.389 1:09.624 Sen tempo 10 11 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:10.124 1:09.754 16Sergio Pérez Mendoza recibiu unha penalización de cinco postos por cambiar a súa trazada de carreira e causar unha colisión evitable no Gran Premio do Canadá de 2014 12 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:10.252 1:09.780 11 13 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:10.630 1:09.801 12 14 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 1:10.821 1:09.939 13 15 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:10.161 1:10.073 14 16 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:10.461 1:10.642 PLRomain Grosjean cualificou 16º, pero saíu desde o pit lane debido a que cambiou a caixa de cambios e a configuración. 17 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:10.825 16 18 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:11.349 17 19 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:11.412 18 20 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:11.673 19 21 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 1:11.775 21Max Chilton recibiu unha penalización de cinco posicións por causar unha colisión evitable con Jules Bianchi no Gran Premio do Canadá de 2014. 22 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:12.673 20 107% tempo: 1:14.379 Fonte:

Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Nico Rosberg Mercedes 71 1:27:54.976 3 25 2 44 Lewis Hamilton Mercedes 71 +1.932 9 18 3 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 71 +8.172 2 15 4 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 71 +17.357 1 12 5 14 Fernando Alonso Ferrari 71 +18.553 4 10 6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 71 +28.546 15 8 7 20 Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 71 +32.031 6 6 8 3 Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 71 +43.522 5 4 9 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 71 +44.137 10 2 10 7 Kimi Räikkönen Ferrari 71 +47.777 8 1 11 22 Jenson Button McLaren-Mercedes 71 +50.966 11 12 13 Pastor Maldonado Lotus-Renault 70 +1 volta 13 13 99 Adrian Sutil Sauber-Ferrari 70 +1 volta 16 14 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 70 +1 volta 22 15 17 Jules Bianchi Marussia-Ferrari 69 +2 voltas 18 16 10 Kamui Kobayashi Caterham-Renault 69 +2 voltas 19 17 4 Max Chilton Marussia-Ferrari 69 +2 voltas 21 18 9 Marcus Ericsson Caterham-Renault 69 +2 voltas 20 19 21 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 69 +2 voltas 17 Ret 25 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 59 Freos 14 Ret 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 34 electrónica 12 Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 24 Suspensión 7 fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Nico Rosberg 165 10px 2 Lewis Hamilton 136 10px 3 Daniel Ricciardo 83 10px 4 Fernando Alonso 79 10px 5 Sebastian Vettel 60

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 301 10px 2 Red Bull-Renault 143 10px 3 Ferrari 98 10px 4 Force India-Mercedes 87 10px 1 5 Williams-Mercedes 85

Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Austria Categoría:Gran Premio de Austria de Fórmula 1