San Xurxo de Moeche é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2018 tiña 238 habitantes (135 mulleres e 103 homes) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 291 habitantes. Nesta parroquia está situado o Castelo de Moeche, onde se celebra o Festival Irmandiño.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Moeche

Parroquias de Moeche

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Moeche

Categoría:Parroquias de Moeche Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo