Pese á existencia de músicos e grupos anteriores, o jazz comeza a ter importancia en Galiza nos anos 80 do século XX, cando se abren locais (Clavicémbalo en Lugo, Filloa Jazz na Coruña, Dado-Dadá en Compostela, Latino en Ourense..), organízanse festivais, móntanse escolas e funcionan grupos e profesionais que viven do Jazz. Os grupos máis importantes nese período son Filloa Express, Clunia Jazz e Baio Ensemble que despois se disgregarían nun gran número de proxectos. Outro fito importante foi a creación da Escola Estudio en Santiago da que sairían moitos dos grandes músicos de hoxe, entre eles Abe Rábade e Paco Charlín. Xa no século XXI, grazas ao traballo do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, naceu a chamada terceira xeración do jazz galego. A día de hoxe, existen numerosos festivais de jazz ao longo de toda a xeografía galega, e este xénero goza dun público en constante aumento.
Outros músicos
Abe Rábade Alberto Conde Baldo Martínez Fernando Llorca Kin García Marcelino Galán Nani García Roberto Somoza José Luis Evangelista Emilio Huete Quique Alvarado Ramón Ángel Paco Charlín Sumrrá Xosé Luís Miguélez Véxase tamén Outros artigos Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra Ligazóns externas Galicia Jazz
Categoría:Música de Galicia Categoría:Jazz