Tras a proclamación da república en España o 14 de abril de 1931 como consecuencia dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccións municipais do 12 de abril, o goberno provisorio convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño de 1931.O sistema electoral rexíase polo decreto do 8 de maio de 1931, que establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. As circunscricións electorais eran as provincias e as cidades con máis de 100.000 habitantes e tiñan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidía o xuíz municipal e que formaban persoas prominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidía o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 16 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 47 deputados.

Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na CEDA.

Resultados En toda Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Acción Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Unión Monárquica 1.

Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algún outro deputado formaron a Minoría Gallega.

A Coruña Na provincia da Coruña a ORGA presentouse baixo o nome de Federación Republicana Gallega en candidatura conxunta co PSOE e conseguiu 9 escanos e Santiago Casares Quiroga foi o candidato máis votado na provincia, mentres o PSOE obtiña 3 deputados. O Partido Republicano Radical presentouse en solitario e non conseguiu deputado ningún, ao igual que o Partido Radical Agrario e o PCE. A candidatura de dereitas conseguiu os 4 escanos reservados ás minorías.

Deputados electos pola provincia da Coruña Santiago Casares Quiroga, FRG, 88.470 votos. Antonio Rodríguez Pérez, FRG, 75.496 votos. Ramón Beade Méndez, PSOE, 69.164 votos. Salvador de Madariaga Rojo, FRG, 68.783 votos. Alejandro Rodríguez Cadarso, FRG, 68.741 votos. Antón Vilar Ponte, FRG, 68.089 votos. Edmundo Lorenzo Santiago, PSOE, 67.794 votos. Ramón María Tenreiro Rodríguez, FRG, 65.266 votos. Emilio González López, FRG, 64.048 votos. José Mareque Santos, PSOE, 56.486 votos. Ramón Suárez Picallo, FRG, 55.054 votos. José Reino Caamaño, Independente, 47.258 votos. Roberto Nóvoa Santos, FRG, 44.953 votos. Luís Cornide Quiroga, Independente, 44.705 votos. Benito Blanco-Rajoy, Independente, 43.378 votos. Leandro Pita Romero, FRG, 43.181 votos.

Lugo Na provincia de Lugo a FRG coaligouse con Manuel Portela Valladares e elementos da dereita como o xeneral José Sanjurjo Sacanell, pero tras a anulación e a repetición das eleccións en agosto integráronse na candidatura o PSOE, o Partido Radical e a Derecha Liberal Republicana que conseguiu os 8 escanos reservados para a maioría: 3 FRG, 2 Partido Radical, 2 PSOE, 1 DLR e 1 para Manuel Portela Valladares. Os 2 escanos das minorías foron para candidatos republicanos conservadores que se integraron no Partido Radical.

Deputados electos pola provincia de Lugo Ubaldo de Azpiazu Artazu, PR, 57.485 votos. José Lladó Vallés, Independente, 53.852 votos. Enrique Gómez Jiménez Luis Recasens Siches Gerardo Abad Conde Rafael de Vega Barrera Manuel Becerra Fernández Manuel Portela Valladares Daniel Vázquez Campo Francisco Javier Elola Díaz-Varela

Ourense Na provincia de Ourense formáronse dúas candidaturas para concorreren polas maiorías, a formada polo Partido Radical e o PSOE e a outra pola FRG, o Partido Radical-Socialista e o Partido Nazonalista Republicán de Ourense. Polas maiorías o Partido Radical conseguiu 3 escanos, o Partido Radical-Socialista 2, PSOE 1, FRG 1 e o PNRO 1. Polas minorías 1 escano foi para Acción Republicana e 1 para Unión Monárquica de José Calvo Sotelo.

Deputados electos pola provincia de Ourense Luis Fábrega Coello Basilio Álvarez Rodríguez Ramón Otero Pedrayo Alfonso Pazos Cid Justo Villanueva Gómez Manuel Martínez-Risco Macías José Calvo Sotelo Alfonso Quintana Pena Manuel García Becerra

Pontevedra Na provincia de Pontevedra formouse unha única candidatura para concorrer pola maioría; formábana a FRG, o PSOE e o Partido Radical. Polas minorías concorrían o Partido Radical Agrario, a Derecha Liberal Republicana e a Candidatura Galleguista. A FRG conseguiu 4 deputados, o PSOE 4, o Partido Radical 1 e polas minorías a DLR 1 escano, PRA 1 e a Candidatura Galleguista 1 (Castelao).

Deputados electos pola provincia de Pontevedra Emiliano Iglesias Ambrosio Enrique Heraclio Botana Alejandro Otero Fernández Joaquín Poza Juncal Manuel Varela Radío Bibiano Fernández Osorio-Tafall Eugenio Arbones Castellanzuelo José Gómez Osorio Laureano Gómez Paratcha José López Varela Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Ramón Salgado Pérez

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións Xerais 1931 en España Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia. Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia

Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia,Eleccións a Categoría:Século XX en Galicia Categoría:1931 en Galicia