miniatura|Catro avatares de Vishnu. De esquerda a dereita: Kalki, Buda, Krishna e Rama) expostos no Museo Internacional de Bonecos de Shankar, Delhi, India. Avatar (do sánscrito avatāra, que significa 'descenso') no hinduísmo, refírese á encarnación terrestre dunha deidade ou un deus. O termo emprégase con frecuencia para describir as distintas encarnacións de Vishnu, unha das principais deidades do hinduísmo, como Krishna, que se considera a oitava avatar de Vishnu.
Tipos de avatares no hinduísmo No contexto do hinduísmo, os avatares adoitan clasificarse baseándose na súa natureza e propósito, destacándose os Dasavatara ou os dez avatares principais de Vishnu, que inclúen a figuras como Krishna (o pastor divino), Rama (o príncipe virtuoso), e Buda ou Siddhartha Gautama (o iluminado), que se menciona en algúns textos como un avatar de Vishnu que veu para proporcionar un camiño cara á paz e a comprensión.
Na tradición hindú, hai dez encarnacións principais ou avatares de Vishnu, coñecidos como o Dasavatara. Alén dos xa mencionados Krishna, Rama e Buda, os sete avatares restantes son:
Matsya - O peixe, a primeira encarnación de Vishnu, que salvou a Manu do diluvio. Kurma - A tartaruga que axudou a soster o monte Mandara, que se usou como eixo central durante a batalla entre devas e asuras para obter o amrita, o néctar da inmortalidade. Varaha - O xabaril que rescatou a terra (personificada como a deusa Bhu Devi) das augas do océano. Narasimha ou Narasinga - O home-león que derrotou ao demo Hiranyakashipu para protexer ao seu devoto Prahlada. Vamana - O anano que enganou ao rei Bali para recuperar o control dos ceos, da terra e do inframundo. Parashurama - O guerreiro con machado que derrotou aos guerreiros kshatriya que se desviaron do camiño do dharma. Kalki - O décimo avatar futuro de Vishnu, que se di que chegará ao final do Kali Yuga montado nun cabalo branco para destruír a maldade e restaurar a orde e a moralidade.
Kapila e Vyasa, aínda que son figuras importantes dentro do hinduísmo e ás veces se lles atribúe un status divino ou sagrado, non son tipicamente listados como parte do grupo principal do Dasavatara. Kapila é recoñecido como o gran sabio que fundou a filosofía do Samkhya, e Vyasa é coñecido como o compilador dos Vedas e autor do Mahabharata, onde o Bhagavad Gita está contido como parte da narrativa. miniatura|856x856px|Dasavatar, s. XIX, Acuarela e ouro sobre papel. Andhra Pradesh. Os dez avatares principais de Vishnu: dende a esquerda: Matsya, o peixe salvador; Kurma, a tartaruga celestial; Varaha, o xabaril divino; Narasimha, o poderoso home-león; Vamana, o anano xigante; Parashurama, o guerreiro co machado; Rama, o príncipe heroico; Balarama, o forte arado; Krishna, o pastor deus; e Kalki, o futuro redentor a cabalo
Avataras
Os Avataras poden ser de dous tipos: manusíacos e bodhisátvicos. Os manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano. Os bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Xesús, Tunupa ou Lao Tsé.
Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.
En galego Na lingua galega, o termo avatar (en plural "avatares") adquiriu o significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios' na vida dunha persoa, tal como se recolle no DRAG. O bUSCatermos tamén recolle o seu significado relativo ao uso nas personificacións ou disfraces.
Uso moderno Fóra do contexto relixioso, a palabra avatar adoptou un novo significado nas tecnoloxías da información e en Internet, onde se emprega para referirse á representación gráfica dun usuario, xa sexa a través dunha imaxe ou ilustración.
Notas
Véxase tamén
Trimurti Vishnu Brahma Shiva Krishna Rama Lakshmi Encarnación Reencarnación Representación dixital
Categoría:Avatares de Vishnu Categoría:Internet