A selección nacional de fútbol de Alemaña, é o equipo representativo de Alemaña nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Alemá de Fútbol (Deutscher Fußball-Bund), pertencente á UEFA. Gañadora de catro Copas do Mundo (1954, 1974, 1990 e 2014) e tres Eurocopas, é unha das seleccións máis prestixiosas do mundo deste deporte.

A nivel de Mundiais de fútbol tan só o ten máis títulos. Alemaña ademais disputou outras catro finais onde non acadou a vitoria, sendo a selección europea con máis finais disputadas, igualando ó Brasil con sete ocasións: 1954, 1966, 1974, 1982, 1986, 1990 e 2002. Foi ademais a primeira selección que liderou a Clasificación Mundial da FIFA, ocupando o primeiro posto durante 1993 e 1994.

Entre os anos 1949 e 1990 existiron dous equipos xermanos, o de (República Democrática Alemá) e Alemaña Occidental (República Federal Alemá). Tódolos títulos foron conseguidos pola Alemaña do Oeste, excepto a Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1976. A selección ten varios capitáns honorarios (Ehrenspielführer) que son: Fritz Walter, Uwe Seeler, Franz Beckenbauer e Lothar Matthäus. En certa ocasión o xogador inglés Gary Lineker dixo: "O fútbol é un deporte que inventaron os ingleses, xogan once contra once detrás dun balón, e ao final sempre gaña Alemaña".

Historia A selección de fútbol de Alemaña, daquela o Segundo Reich, xogou o seu primeiro encontro o 5 de abril de 1908 fronte a , partido que se saldou con derrota para os xermanos por 5 a 3. As cores do uniforme da selección, o branco e o negro, proceden das cores da monarquía alemá durante este período. Pese que a selección non xogou o seu primeiro encontro até 1908, a Federación Alemá de Fútbol ou Deutscher Fußball-Bund, fora fundada en 1900, sendo unha das fundadoras da FIFA en 1904. A selección estivo durante épocas fortemente marcada pola política. Entre 1938 e 1945, Austria ficou integrada na Alemaña Nazi. Con iso, destacados xogadores austríacos pasaron a ser tamén aproveitados pola selección alemá, mentres a austríaca (que utilizaba tradicionalmente un uniforme semellante) foi extinguida momentaneamente. A anexión ocorreu meses antes da Copa do Mundo de 1938, para a cal ambas as seleccións estaban clasificadas. Seis austríacos foron convocados para defender a Alemaña no mundial.

Trala Guerra, Alemaña foi dividida. As áreas conquistadas no conflito volveron aos antigos países, e o territorio alemán pre-guerra dividiuse en catro: Austria volveu ser un país independente e a súa selección foi retomada, foron creadas Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, cada unha tamén coa súa propia selección, e o Sarre, aínda que este último a finais dos anos 50, foi integrado na Alemaña Occidental.

miniatura|upright=1.67|dereita|Partido entre as dúas Alemañas na Copa do Mundo de 1974, que se saldou con vitoria por parte dos Orientais por 1 a 0. As dúas Alemañas proseguiron divididas até o ano de 1990, cando se reunificaron. A reunificación deuse xa tras a Copa do Mundo daquel ano, gañada pola propia selección da Alemaña Occidental. Os occidentais, que continuaron a usar o uniforme da Alemaña pre-guerra, destacaron claramente, clasificándose para tódalas edicións da Copa do Mundo, sendo campións en 1954, 1974 (onde foron os anfitrións) e 1990 gañando en todos contra as seleccións favoritas ao título, respectivamente , e . Unicamente non disputaron a Copa do Mundo de 1950, cando non existía ningunha selección alemá. Os occidentais tamén disputaron todas as Eurocopas a partir da edición de 1972, sendo campións. Vencerían tamén na de 1980.

A Selección de Alemaña Oriental, máis feble, clasificouse só para unha Copa do Mundo, xustamente a de 1974, realizada na Alemaña Occidental. Ambas se enfrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha Eurocopa. Por outro lado, gañaron ouro nos Xogos Olímpicos (nas Olimpíadas de 1976), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O azul era a cor da xuventude do Partido Comunista do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en 1974.

A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: Matthias Sammer e Michael Ballack. O primeiro título dende a reunificación foi a Eurocopa 1996.

Palmarés Copa do Mundo Alemaña

1930 - Non participou. 1934 - 3º posto. 1938 - Primeira fase 1950 - Non lle permitiron participar.

República Federal Alemá

1954 - Campións. 1958 - 4º Posto. 1962 - Cuartos de final. 1966 - Subcampións. 1970 - 3º Posto. 1974 - Campións. 1978 - 2ª Rolda. 1982 - Subcampións. 1986 - Subcampións. 1990 - Campións.

Alemaña reunificada

1994 - Cuartos de final. 1998 - Cuartos de final. 2002 - Subcampións. 2006 - 3º Posto. 2010 - 3º Posto. 2014 - Campións. 2018 - Primeira fase

Palmarés Eurocopa

República Federal Alemá

1960 - Non participou. 1964 - Non participou. 1968 - Non participou. 1972 - Campións. 1976 - Subcampións. 1980 - Campións. 1984 - Primeira Rolda. 1988 - Semifinais.

Alemaña reunificada

1992 - Subcampións. 1996 - Campións. 2000 - Primeira Rolda. 2004 - Primeira Rolda. 2008 - Subcampións. 2012 - Cuartos de final 2016 - Semifinais

Xogadores Cadro actual Os seguintes xogadores foron chamados para xogar o Mundial de Fútbol Rusia 2018.

Partidos e goles actualizados a 2 de xuño de 2018. #PosiciónXogadorData de nacemento (Idade)PartidosGolesEquipo1PorteiroManuel Neuer27 de marzo de 1986 750 Bayern München12Kevin Trapp8 de xullo de 1990 30 Paris Saint-Germain22Marc-André ter Stegen30 de abril de 1992 190 Barcelona2DefensaMarvin Plattenhardt26 de xaneiro de 1992 60 Hertha BSC3Jonas Hector27 de maio de 1990 373 1. FC Köln4Matthias Ginter19 de xaneiro de 1994 170 Borussia Mönchengladbach5Mats Hummels16 de decembro de 1988 635 Bayern München15Niklas Süle3 de setembro de 1995 100 Bayern München16Antonio Rüdiger3 de marzo de 1993 241 Chelsea17Jérôme Boateng3 de setembro de 1988 701 Bayern München18Joshua Kimmich8 de febreiro de 1995 283 Bayern München6CentrocampistaSami Khedira4 de abril de 1987 747 Juventus7Julian Draxler20 de setembro de 1993 436 Paris Saint-Germain8Toni Kroos4 de xaneiro de 1990 8212 Real Madrid10Mesut Özil15 de outubro de 1988 9023 Arsenal14Leon Goretzka6 de febreiro de 1995 156 Schalke 0419Sebastian Rudy28 de febreiro de 1990 251 Bayern München20Julian Brandt2 de maio de 1996 151 Bayer Leverkusen21İlkay Gündoğan24 de outubro de 1990 254 Manchester City9DianteiroTimo Werner6 de marzo de 1996 137 RB Leipzig11Marco Reus31 de maio de 1989 309 Borussia Dortmund13Thomas Müller13 de setembro de 1989 9038 Bayern München23Mario Gómez10 de xullo de 1985 7431 VfB Stuttgart

Récords Máis partidos xogados Actualizado a 22 de marzo de 2017.

Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección.

miniatura|right|Lothar Matthäus é o xogador que máis partidos xogou coa selección alemá (150). #XogadorEtapaPartidosGoles 1Lothar Matthäus 1980–2000 150 23 2Miroslav Klose 2001–2014 137 71 3Lukas Podolski 2004–2017 130 49 4Bastian Schweinsteiger 2004–2016 121 24 5Philipp Lahm 2004–2014 113 5 6Jürgen Klinsmann 1987–1998 108 47 7Jürgen Kohler 1986–1998 105 2 8Per Mertesacker 2004–2014 104 4 9Franz Beckenbauer 1965–1977 103 14 10Thomas Häßler 1988–2000 101 11

Máximos goleadores Actualizado a 23 de marzo de 2018.

Os xogadores en letra grosa seguen en activo coa selección. #XogadorEtapaGolesPartidos 1Miroslav Klose 2001–2014 71 137 2Gerd Müller 1966–1974 68 62 3Lukas Podolski 2004–2017 49 1304Rudi Völler 1982–199447 90Jürgen Klinsmann 1987–1998 108 6Karl-Heinz Rummenigge 1976–1986 45 95 7Uwe Seeler 1954–1970 43 72 8Michael Ballack 1999–2010 42 98 9Thomas Müller 2010– 38 90 10Oliver Bierhoff 1996–2002 37 70

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil en UEFA.com Perfil en FIFA.com

Categoría:Fútbol en Alemaña Categoría:Seleccións gañadoras do Mundial de Fútbol