Alberto Conde de León, nado en Caracas en 1960, é un pianista galego. Reside en Ourense.
Traxectoria Comezou estudando guitarra clásica, graduándose no CPM de Ourense, antes de se pasar ao piano a ao jazz.
O seu primeiro contacto co jazz tivo lugar nos seminarios de Jazz de Banyoles (Xirona) durante 1980-81, onde entra en contacto con mestres norteamericanos de gran recoñecemento e prestixio internacional como Thad Jones, Chuck Israels, Hal Crook, Steve Brown, Jim McNeely, Ben Riley, Bill Dobbins e Sal Nistico. A seguir, marchou a Caliifornia e estudou na San Diego School of Perfoming Music (California) co trombonista norteamericano Hal Crook.
Ao volver, en 1983, funda Baio Ensemble, a primeira escola privada de jazz de Galicia, onde participan múltiples músicos como Cuchús Pimentel ou Paco Charlín, e con ese grupo editou dous discos: Paisajes (1985) e Diálogos (1990).
Posteriormente, creou Alberto Conde Trio.
O seu estilo mestura o jazz coa música tradicional galega e coa música clásica.
É catedrático de jazz no CSM da Coruña.
Discografía
Con Alberto Conde Trío A lagoa dos Atlantes (Punteiro, 1997) Celtrópolis (Punteiro, 1999)
Con Alberto Conde Grupo Entremares (Karonte, KAR 7777) con Baldo Martínez e Nirankar Khalsa. Gravado en 2002. Andaina (Karonte, KAR 7794) con Baldo Martínez e Nirankar Khalsa. Gravado en 2006.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Alberto Conde. Entrevista a Alberto Conde en El Club del Jazz. Entrevista en en Tomajazz.
Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes