A arquidiocese de Tánxer (en latín: Archidioecesis Tingitana) é unha arquidiocese da Igrexa Latina inmediantamente suxeta á Santa Sé. En 2010 tiña 2.019 bautizados sobre unha poboación total de 4 000 000 persoas. O seu ordinario actual é o arcebispo Santiago Agrelo Martínez, O.F.M.

Territorio A arquidiocese abrangue o norte de Marrocos antigamente baixo protectorado español. A sé arcebispal é a cidade de Tánxer, onde está a catedral da Nosa Señora de Lurdes. O territorio está subdividido en 8 parroquias.

Historia A cidade de Tánxer foi ocupada permanentemente polos portugueses en 1471. A sé foi erixida canonicamente polo papa Sisto IV o 21 de agosto de 1472 pola bula papal Clara devotionis, en territorios da diocese de Ceuta (agora diocese de Cádiz e Ceuta). Foi orixinalmente sufragánea da arquidiocese de Lisboa (agora patriarcado).

O 12 de xaneiro de 1514 cedeu unha parte do seu territorio para erixir a diocese de Funchal. O 29 de setembro de 1540 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Évora. O 9 de xuño de 1570 foi unida novamente á diocese de Ceuta.

Debido a conflitos entre a Santa Sé e os portugueses, a diocese estivo vacante durante varias décadas do século XVII, até que Roma aboliu a unión entre as dúas sés o 16 de decembro de 1675, restabelecendo a diocese de Ceuta, e suprimindo ó mesmo tempo a de Tánxer. En Tánxer foi erixida o 28 de novembro de 1630 a prefectura apostólica de Marrocos, confiada ós franciscanos españois da Provincia de San Diego de Alcalá, en Andalucía.

O 13 de xullo de 1693 a prefectura foi elevada a vigairía apostólica, nomeando como primeiro vigairo apostólico ó franciscano Diego de Ortega Escacena; mais a morte deste último en 1696 e a oposición do Goberno español á erección da vigairía apostólica fixo fracasar a iniciativa da Santa Sé.

O 14 de abril de 1908 co breve Romani Pontifices de Pío X a prefectura apostólica foi finalmente elevada a vigairía apostólica con dignidade episcopal.

O 5 de xullo de 1954 cedeu parte do seu territorio (Ifni) para a erección da prefectura apostólica do Sáhara Español e Ifni (agora a prefectura apostólica do Sáhara Occidental).

O 14 de novembro de 1956, coa bula Qui Deo disponente, Pío XII elevou a vigairía á categoría de arquidiocese, tomando a sé o nome actual.

Episcopoloxio En 1468 foi estabelecida a sé como diocese de Marrocos, en territorios da diocese de Ceuta: Nunius Álvarez (1468 - 15 de xullo de 1491, finado) Diogo de Ortiz de Vilhegas (1491 - 3 de maio de 1500, nomeado bispo de Ceuta) João Lobo (4 de maio de 1500 - 1508, finado) Nicolás Pedro Méndez (4 de marzo de 1523 - 1542, finado) Gonçalo Pinheiro (23 de novembro de 1542 - 27 de xuño de 1552, nomeado bispo de Viseu) Francisco Guaresma (15 de decembro de 1557 - 1570, unión coa diocese de Ceuta)

En 1570 a sé foi unida á de Ceuta, co nome de diocese de Ceuta e Tánxer: Francisco Guaresma (1570 - 1585, finado) Diego Corrêa de Souza (15 de xullo de 1585 - 16 de febreiro de 1598, nomeado bispo de Portalegre) Héctor Valladares (11 de marzo de 1598 - 1600, finado) Gerónimo de Gouvea (24 de xaneiro de 1601 - 1602, renuncia) Agostinho Ribeiro (27 de agosto de 1603 - 29 de xullo de 1613, nomeado bispo de Angra) Antonio de Aguilar (21 de outubro de 1613 - 1632, finado)

O 28 de novembro de 1630 foi restaurada como prefectura apostólica de Marrocos: Gonçalvo da Silva (6 de setembro de 1632 - 16 de febreiro de 1649, finado)

O 13 de xullo de 1693 foi elevada a vigairía apostólica de Marrocos: Diego (Didacus) Ortega (Hortiago) (de) Escacena (Didacus) (28 de agosto de 1693 - 1696, finado) Joannes da Silva Ferreira (26 de novembro de 1742 - 19 de xaneiro de 1775, finado) Francisco María Cervera y Cervera (15 de abril de 1908 - 26 de marzo de 1926, finado) José María Betanzos y Hormaechevarría (17 de xullo de 1926 - 27 de decembro de 1948, finado)

En 1956 ,foi elevada a arquidiocese de Tánxer: Francisco Aldegunde Dorrego (27 de decembro de 1948 - 17 de decembro de 1973, retirado) Carlos Amigo Vallejo (17 de decembro de 1973 - 22 de maio de 1982, nomeado arcebispo de Sevilla) José Antonio Peteiro Freire (2 de xullo de 1983 - 23 de marzo de 2005, renuncia) Santiago Agrelo Martínez (11 de abril de 2007 - 24 de maio de 2019, retirado) Administrador apostólico: Cristóbal López Romero Emilio Rocha Grande (nomeado o 7 de febreiro de 2023)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Tanxer Tanxer