A Arena da Amazônia é un estádio de fútbol brasileiro situado no barrio Flores da cidade de Manaus, capital do Estado do Amazonas, no mesmo lugar antes ocupado polo Estádio Vivaldo Lima. Foi construído para ser utilizado como unha das doce sedes da Copa do Mundo FIFA de 2014 e foi inaugurado o 9 de marzo de 2014. O arquitecto autor do proxecto foi Ralf Amann da oficina alemá GMP. O estadio ten cobertura retráctil e capacidade para 42.374 persoas. O custo da súa construción foi asumido nun 25% polo Goberno Estatal do Amazonas e nun 75% polo Banco Nacional de Desenvolvimento Econômico e Social (BNDES).
Notas
Categoría:Estadios de fútbol do Brasil Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2014