miniatura|Vista lateral do Dolmen de Pentre Ifan. miniatura|Vista do portal. miniatura|dereita|Unha posible reconstrución. Pentre Ifan é o nome dun antigo señorío da parroquia galesa de Nevern, Pembrokeshire. Nel, atópase o maior e mellor preservado dolmen neolítico de Gales.

Historia O dolmen data aproximadamente do -3.500 B.C. e, posiblemente, foi empregado como cemiterio comunal. As pedras conservadas forman o portal e a cámara principal da tumba, que orixinalmente puido estar cuberta cunha gran pedra de 36,6 m de longo e 17 m de ancho. Algunhas das pedras foron diseminadas polo lugar, pero sete delas están na súa posición orixinal. A pedra principal mide 5,1 m de longo, cun peso estimado de 16 toneladas, e érguese 2,4 m sobre a superficie do terreo. Está apoiada sobre as puntas de tres piares.

As escavacións arqueolóxicas fixéronse en 1936/1937 e 1958/1959, ámbalas dúas lideradas por William Francis Grimes. O dolmen e conservado por Cadw, a Axencia Galesa de Monumentos Históricos. Está localizado a 17 km de Cardigan.

Notes

Véxase tamén

Outros artigos Europa atlántica

Ligazóns externas www.geograph.co.uk : fotos de Pentre Ifan O mellor preservado lugar megalítico de Gales - Extrageographic Artigo e fotos de Pentre Ifan

Categoría:Megalitismo Categoría:Historia de Gales