Maximillian Oppenheimer, nado en Saarbrücken o 6 de maio de 1902 e finado en Hamburgo o 25 de marzo de 1957 foi un director de cinema alemán coñecido coma Max Ophüls que desenvolveu a súa carreira tamén en Francia e nos Estados Unidos de América.
Traxectoria Era fillo do comerciante téxtil xudeu Leopold Oppenheimer e a súa dona Helen, mais adoptou o seu pseudónimo Ophüls durante o inicio da súa carreira teatral para que se fracasar non avergoñase ao seu pai. Comezou coma actor en 1919 para logo pasar á dirección e á produción. En 1926 converteuse no director teatral do Burgtheater de Viena.
En 1929 comezou a producir filmes, sendo director de diálogos de Anatole Litvak na UFA en Berlín e debutou como director dous anos despois.
Presentindo o ascenso do nazismo marchou a Francia en 1933, nacionalizándose francés en 1938. Trala caída de Francia viaxou a Suíza, Italia e finalmente aos Estados Unidos en 1941. Tras algúns anos sen traballo recibiu a axuda de Preston Sturges e continuou a súa carreira como director. O seu filme máis aclamado desta etapa é Carta dunha descoñecida (1948), baseado nunha novela de Stefan Zweig. En 1950 volveu a Francia.
Filmografía AnoFilmePaísNotas1931 Dann schon lieber Lebertran Alemaña 1931 Die verliebte Firma Alemaña Curtametraxe1932 Die verkaufte Braut Alemaña 1933 Liebelei Alemaña 1933 Une Histoire d'amour Francia 1933 Lachende Erben Alemaña 1933 On a volé un homme Francia 1934 La Signora Di Tutti Italia 1935 Divine Francia 1936 Komedie om geld Países Baixos 1936 Ave Maria (short film)|Ave Maria Francia Curtametraxe documental1936 La Tendre Ennemie Francia 1936 Valse brillante de Chopin Francia Curtametraxe documental1937 Yoshiwara Francia 1938 The Novel of Werther Francia 1939 Sans lendemain Francia 1940 L'École des femmes Francia 1940 De Mayerling à Sarajevo Francia 1946 Vendetta Estados Unidos Foi despedido durante a rodaxe1947 The Exile Estados Unidos 1948 Carta dunha descoñecida Estados Unidos 1949 Atrapados Estados Unidos 1949 The Reckless Moment Estados Unidos 1950 La Ronde Francia 1952 Le Plaisir Francia 1953 Madame de... Francia 1955 Lola Montès Francia Filme en cor1958 Les Amants de Montparnasse Francia Faleceu durante a rodaxe
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Bibliografía Senses of Cinema Max Ophüls Award
Categoría:Directores de cinema de Alemaña Categoría:Nados en Sarre Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1957