María Amalia de Saxonia, nada en Dresde o 24 de novembro de 1724 e finada en Madrid o 27 de setembro de 1760, foi raíña consorte de Nápoles e Sicilia (1737-1759) e de España (1759-1760), esposa de Carlos III.

Traxectoria Foi filla de Frederico Augusto II, príncipe-elector de Saxonia e despois rei de Polonia e gran duque de Lituania (como Augusto III), e da arquiduquesa María Xosefa de Austria, filla de Xosé I, emperador do Sacro Imperio.

Con apenas catorce anos contraeu matrimonio con Carlos, daquela rei de Nápoles e Sicilia, que era o fillo primoxénito de Filipe V e a súa segunda esposa, Isabel de Farnesio. A pesar de que se trataba dun matrimonio concertado, Amalia e Carlos mantivéronse moi unidos, e o rei, ao enviuvar, non volveu casar.

A voda celebrouse por poderes no Palacio de Dresde, en Saxonia, o 9 de maio de 1738, e a celebración foi en Nápoles o 9 de xuño dese ano. En 1759 faleceu o rei Fernando VI de España, irmán de Carlos, sen descendencia, e Amalia acompañou ao seu esposo a España para ocupar o trono. En setembro de 1760, apenas dous anos despois da súa chegada a España, María Amalia morreu causa dunha tuberculose (e despois de sobrevivir unha varíola. Carlos III expresou: "En 22 anos de matrimonio, este é o primeiro desgusto serio que me dá Amalia".

María Isabel Antonia (1740-1742) María Xosefa Antonia (1742-1742) María Isabel Ana (1743-1749) María Xosefa Carmela (1744-1801), figura destacada do cadro de Goya La familia de Carlos IV María Luísa (1745-1792), emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico por ser a esposa de Leopoldo II Felipe Antonio (1747-1777), excluído da sucesión por padecer atraso mental Carlos IV (1748-1819), rei de España María Teresa de Borbón (1749) Fernando I (1751-1825), rei das Dúas Sicilias Gabriel de Borbón (1752-1788), casado con Mariana Vitoria de Portugal Ana María de Borbón (1754-1755) Antonio Pascual de Borbón (1755-1817), casado coa súa sobriña María Amalia de Borbón Francisco Xavier de Borbón (1757-1771)

Á raíña María Amalia débeselle a introdución en España do costume de colocar nas casas, por Nadal, un belén ou nacemento, de orixe napolitana.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1.

Categoría:Raíñas consortes de España Categoría:Casa de Borbón Categoría:Nados en Dresde Categoría:Nados en 1724 Categoría:Finados en 1760 Categoría:Finados por tuberculose