O termo Pola ou póla pode referirse a:

Pola, contracción da preposición por co alomorfo do artigo determinado la; Pola, galiña nova, pita; Ser boa pola: expresión que indica desaprobación máis ou menos severa dunha rapaza ou dunha muller; Póla, cada unha das prolongacións que nacen do toro das árbores ou do talo das plantas e arbustos nas que abrochan polo xeral as follas flores e froitos, galla, rama, varelo.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza A Pola, lugar da parroquia de Santa Eulalia de Trabazos, no concello do Castro de Caldelas.

Fóra de Galiza

En Asturias Pola de Allande, capital do concello asturiano de Allande; La Pola Llaviana (en castelán: Pola de Laviana), capital do concello asturiano de Llaviana; La Pola (en castelán: Pola de Lena), capital do concello asturiano de Ḷḷena; Pola de Siero, capital do concello asturiano de Siero; Pola de Somiedo, capital do concello asturiano de Somiedo; Pola del Pino, lugar da parroquia de El Pino, no concello asturiano de Aller.

En Castela e León La Pola de Gordón, concello da provincia de León.

Na Comunidade Valenciana Santa Pola, concello de provincia de Alacant.

En Croacia Pula, antigo nome da cidade de Istria.

En Italia Provincia de Pola, antiga provincia do Reino de Italia (1861-1946).

En Rusia Río Pola, curto río da conca do río Neva que desauga no lago Ilmen.

Amais, como alcume, pode referirse a:

Policarpa Salavarrieta, figura heroica da Independencia colombiana.

Véxase tamén Outros artigos