180px|miniatura|dereita|Dous coracles empregados para a pesca do salmón no río Teifi, en 1972. 180px|miniatura|Un home dando a volta a un coracle. O coracle (en ) é un primitivo bote lixeiro, cuxa forma permite levalo ó lombo e que é empregado tradicionalmente en Gales, mais tamén nalgunhas partes do oeste e do suroeste de Inglaterra, Irlanda (en particular, no río Boyne), e Escocia (particularmente no río Spey). O termo coracle tamén se utiliza para facer referencia a barcos semellantes da India, Vietnam, Iraq e o Tíbet.

Etimoloxía A verba coracle provén do galés, conato co gaélico, irlandés e escocés e rexístrase en inglés xa no século XVI.

Historia Deseñado para o seu uso nos ríos rápidos de Gales e partes do resto de Gran Bretaña e Irlanda, o coracle empregouse durante séculos, despois de ter sido adoptados por Xulio César na súa invasión de Gran Bretaña a mediados do século -I e utilizounos nas súas campañas en Hispania. Durante a Guerra Civil contra Cneo Pompeio Magno, César fixo uso dos barcos que vira utilizar aos britanos, similares ao coracle galés. César descríbeos así:

Os restos dun posible coracle foron atopados nunha tumba da Idade de Bronce en Barns Farm preto da baía Dalgety e outros dous foron descritos en Corbridge e preto de Ferriby.Watkins, Trevor et al. The Excavation of An Early Bronze Age Cemetery at Barns Farm, Dalgety, Fife , Proc Soc Antiq Scot, 112 (1982) 48–141, páxina 119, associated with a late Beaker, and a possible radiocarbon date of 1846 BC + or − 80 years (SRR-528) on page 52. The excavation of an Early Bronze Age cemetery at Barns Farm, Dalgety, Fife. Trevor Watkins. With contributions by Mrs Lin Barnetson, Miss A S Henshall, Dr Dorothy Lunt, Ms Ellen McAdam, Mrs Fiona Roe, Alan Shepherd and Dr C C McCawley

Segundo Ian Harries, pescador coracle, estes son tan lixeiros e portátiles que poden ser levados sobre nas costas dos pescadores cando van e volven de traballar. Cando a pesca se leva a cabo por dúas persoas, hai un pescador por barca. A rede esténdese polo río entre os dous coracles.

Seguridade O deseño da nave fai do coracle unha nave inestable debido a que se atopa dentro da auga, no canto de estar sobre dela, polo que a barca pode ser transportada sen dificultade polas correntes e polo viento. A Sociedade Coracle publicou directrices para o uso seguro de coracles.

Notas

Categoría:Tipos de barcos Categoría:Cultura de Gales Categoría:Embarcacións