O Complexo Esportivo Cultural Octávio Mangabeira (nome oficial) ou Itaipava Arena Fonte Nova (por cuestións de dereitos de nome, sendo o nome non oficial, aínda que coñecido popularmente como Arena Fonte Nova ou simplemente Fonte Nova)Por R$100 milhões, Fonte Nova fecha com cervejaria e ganha novo nomeFonte Nova é 1º estádio da Copa a acertar naming rights é un estadio de fútbol localizado en Salvador de Baía, Brasil, no mesmo lugar do antigo Estádio Octávio Mangabeira. Utilizando o mesmo modelo de xestión multiuso do Amsterdam Arena, un dos maiores centros de lecer do mundo e estadio local do AFC Ajax, o proxecto colocará a Baía no circuíto do entretemento mundial.

O estadio ten capacidade para 50.000 persoas (55.000 durante a Copa do Mundo de 2014) repartidas en tres niveis de bancadas con asentos cubertos, camarotes, restaurante panorámico con vistas cara ao estadio e cara ao Dique do Tororó, e preto de dúas mil prazas de estacionamento. A súa estrutura conta tamén con sala de prensa, quioscos, elevadores, sanitarios, museo, tendas e un centro de negocios que funciona independentemente dos partidos. Alén de partidas de fútbol, a Arena Fonte Nova permitirá a realización doutros eventos como shows musicais de artistas de renome nacional e internacional, congresos e encontros de negocios.

Notas

Categoría:Estadios de fútbol do Brasil Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2014