WeChat ou Weixin (en chinés simplificado: 微信; en pinyin: Wēixìn; en ) é unha aplicación móbil de mensaxería instantánea e pagamento que actúa tamén como rede social. É desenvolvida por Tencent. Foi lanzada por primeira vez en 2011, converténdose na meirande aplicación móbil do mundo en 2018 con máis de mil millóns de usuarios activos ao mes. A versión chinesa de WeChat, Weixin, foi descrita coma unha "aplicación para todo" e unha super-app pola súa gran variedade de funcións. WeChat ofrece servizos de mensaxe de texto e voz, difusión de mensaxes a unha audiencia, videoconferencia, videoxogos, pago móbil, publicación de fotografías e vídeos, así como envío de xeolocalización.

As contas rexistradas usando un número de teléfono chinés son xestionadas pola marca Weixin, e os seus datos son gardados na China baixo os termos de servizo e a política de privacidade de Weixin. Pola súa banda, os usuarios foráneos rexístranse en WeChat, polo que contan cuns termos de servizo máis liberais e unha mellor política de privacidade; así mesmo, os seus datos son xestionados nos Países Baixos (no caso dos usuarios da Unión Europea) ou en Singapur (o resto de usuarios non chineses). Calquera interacción entre usuarios de WeChat e Weixin está suxeita aos termos de servizo e políticas de privacidade de ambas marcas.

Historia Contra 2010, Tencent xa conseguira unha grande base de usuarios co seu programa de mensaxería para ordenadores, QQ. Recoñecendo as posibilidades dos smartphones nese mercado, o seu director executivo Ma Huateng decidiu investir en alternativas ao seu propio servizo, QQ.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Aplicacións de mensaxería instantánea Categoría:Aplicacións móbil