Robert Burgess Aldrich, nado en Cranston (Rhode Island) o 9 de agosto de 1918 e finado nos Ánxeles o 5 de decembro de 1983 foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Neto do senador Nelson W. Aldrich e primo de Nelson Aldrich Rockefeller estudou economía na Universidade de Virxinia. En 1941 abandonou os seus estudos por un traballo de cincuenta dólares á semana na RKO Radio Pictures. Tamén abandonou a súa familia e a súa potencial herdanza.

Deseguido conseguiu traballo como axudante de director, traballando con Jean Renoir, Abraham Polonsky, Joseph Losey e Charles Chaplin. Na década de 1950 comezou a dirixir na televisión. Tras conseguir rapidamente o recoñecemento como autor, na década seguinte dirixiu varios éxitos comerciais como ¿Que lle sucedeu a Baby Jane?, con Bette Davis e Joan Crawford, ou Doce do patíbulo (1967). O éxito deste filme permitiulle establecerse como produtor, pero algúns fracasos fixeron que tivese que volver aos filmes comerciais de Hollywood. Finou en 1983, vítima dun fallo renal.

Filmografía Big Leaguer (1953) Apache (1954) Veracruz (1954) Bico mortal (1955) O gran coitelo (1955) Follas de outono (1956) Attack (1956) Ten Seconds to Hell (1959) The Angry Hills (1959) O último solpor (1961) Sodom and Gomorrah (1962) ¿Que lle sucedeu a Baby Jane? (1962) Catro tipos de Texas (1963) Hush… Hush, Sweet Charlotte (1964) O voo do Fénix (1965) Doce do patíbulo (1967) A lenda de Lylah Clare (1968) O asasinato da irmá George (1968) What Ever Happened to Aunt Alice? (1969) Too Late the Hero (1970) The Grissom Gang (1971) Ulzana's Raid (1972) O emperador do norde (1973) The Longest Yard (1974) Hustle (1975) Twilight's Last Gleaming (1977) The Choirboys (1977) The Frisco Kid (1979) ...All the Marbles (1981)

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Virtual History

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Rhode Island Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1983