Unha parada cardiorrespiratoria é un cesamento da respiración e da circulación funcional do sangue por mor dun fallo do corazón en contraer correctamente. Pode deberse por diversas causas, algunhas das máis típicas son afogamento por inmersión ou shock eléctrico, efectos de anestesia e outros fármacos e o esforzo físico extremo.
A parada cardiorrespiratoria implica a detención da circulación do sangue e polo tanto implica a detención da subministración de osíxeno ó cerebro. Se un paciente entra neste estado a morte é inminente, polo tanto require de intervención inmediata a través de reanimación cardiopulmonar (RCP), que consiste nunha masaxe cardíaca e de respiración artificial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Centro da Ciencia de Reanimación do Hospital Universitario de Pensilvania
Categoría:Corazón categoría:Cardioloxía Categoría:Termos médicos