La Hoya é unha pedanía do municipio de Lorca, na Rexión de Murcia, situada ao leste da cidade. Ten 3.544 habitantes (2010) e é a terceira pedanía máis poboada do concello, por detrás de Sutullena e Campillo. Transporte La Hoya está comunicada por estrada co resto da Rexión de Murcia grazas á autovía do Mediterráneo (A-7) que cruza a pedanía polo norte. Cara ao oeste comunica con Lorca e Andalucía e en dirección leste diríxese cara á cidade de Murcia e a Comunidade Valenciana. Paralela á anterior e pasando polo centro da localidade atopamos a estrada nacional N-340.

Ademais, hai un apeadoiro ao sur da localidade con servizos da liña de Proximidades Murcia entre a capital murciana e Águilas.

Deporte Entre 2003 e 2022 existiu o Lorca Club de Fútbol.

Véxase tamén Ligazóns externas Información da pedanía na web do concello de Lorca

Categoría:Lorca