O Partido Popular de Asturias é a delegación asturiana do Partido Popular e fundouse en 1989 co nacemento do partido, herdeiro de Alianza Popular. É a forza principal da dereita no Principado e agás un goberno en minoría entre 1985 e 1989, sempre se mantivo na oposición.
Traxectoria O Partido Popular de Asturias, só conseguiu gobernar nunha ocasión, após a vitoria electoral en 1985, sendo o candidato e posterior presidente da Xunta, Sergio Marqués. Mais como consecuencia dos enfrontamentos con Francisco Álvarez Cascos, o 2 de decembro de 1998, Sergio Marqués, abandonou o partido para crear unha nova organización denominada Unión Renovadora Asturiana (URAS) que xiraba arredor da súa persoa e doutros desencantados do Partido Popular. Daquela, continuou adiante co seu goberno, en minoría, e concorreu como cabeza de lista nas eleccións autonómicas de 1999, obtendo un pobre resultado (só 3 deputados) e pasando á oposición o que provocou que, moitos, dos seus partidarios, volvesen ao Partido Popular ao tempo que o goberno pasase a mans do PSOE-FSA.
No 2011, produciuse unha nova escisión, desta volta, encabezada por Álvarez Cascos, que fundou o Foro Asturias (rexistrado como Foro de Ciudadanos) e que venceu nas eleccións de 2011 co 30% dos votos e un deputado máis que o PSOE-FSA.
Dende entón, o Partido Popular, continuou sendo o principal partido da oposición.
Resultados electorais
Resultados electorais do Partido Popular de Asturias na Xunta XeralElecciónsCandidatoVotos %Escanos+/-Goberno1991Isidro Fernández Rozada161.70330,4015 +2Oposición1995Sergio Marqués272.49542,0021 +6Goberno en minoría (1985-1989)|Oposición (1989-1999)1999Ovidio Sánchez200.16432,3115 -6Oposición2003Ovidio Sánchez242.39639,1819 +4Oposición2007Ovidio Sánchez248.90741,5020 +1Oposición2011Isabel Pérez-Espinosa119.76719,9510 -10Oposición2012Mercedes Fernández108.11121,5310=Oposición2015Mercedes Fernández115 93521,5811 +1Oposición2019Teresa Mallada93 14717,5110 -1Oposición2023Diego Canga Fano175 13132,6117 +7Oposición
Resultados electorais do Partido Popular de Asturias na Eleccións XeraisElecciónsVotos%Escanos+/-1989162 59026,533 +11993258 35537,374 +11996297 07941,034=2000302 62646,335 +12004307 97743,774 -12008289 30541,584=2011223 90635,43 -12015187 56830,113 -1En coalición con Foro Asturias.2016209 63235,253=Abril 2019112 18017,91 -2Novembro 2019129 94523,222 +12023209 58135,613 +1 Resultados electorais do Partido Popular de Asturias na Eleccións MunicipaisElecciónsVotos%Concelleiros+/-1991149 58028,392691995258 58740,57358 +891999204 81933,92315 -432003235 47739,48346 +312007232 37439,35338 -82011142 09023,73220 -1182015112 34220,71209 -112019100 93519,00184 -252023145 33827,3269 +85
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Partidos políticos de Asturias Asturias